Cambio Climático: ¿de que se queixa Sr. Aznar?
Lendo as declaración do Sr. Aznar, non sei si darlle as grazas ou incomodarme coma claquera persoa que sepa un pouco no tema do cambio climático.
Grazas por un lado á importancia que lle da ao movemento ecoloxista, pois parece que lle damos medo, a tal punto de cualificarnos coma unha relixión perigosa que levamos á fogueira todo aquel que non esté dicindo o mesmo que nos. Iso é un invento (o da fogueira) dunha relixión maioritaria e que o señor Aznar procesa, pero que agora ninguén practica. Matar por dicir algo que non se procesa, tamén o fixo un tal Franco, mortos que a día de hoxe ainda se están a buscar e que vostede non quere atopar.
Incomodidade por decláranos dictadores, cando posiblemente o movemento ecoloxista sexa o movemento que máis sufre a dictadura da prensa, da política en xeral pois se nos toma coma tolos desinformados e tremendistas (agora apocalipticos). É curioso de que se nos achaque de que non utilizamos datos científicos; o que pasa é que hai que saber que datos utilizar, si lle preguntas sobre o cambio climático a un economista, un historiador ou a un Douto en Políticas, vai dicir que non existe ou calquera outra cousa. Lembrolle coma tentou solucionar a crise do Prestige?.
A derretemento dos polos, o aumento da temperatura do mar, etc… non son síntomas evidentes , pois non vou a ser eu que o faga trocar de idea, pero dicir que é un problema dos seus tataraneto, non é serio nin responsable.
Eu sempre pensei que os intereses da sociedade estaban por riba dos intereses particulares ou individuais, pero o Sr, Aznar defende o de cada un faga o que lle pete.
Mestura o comunismo co ecoloxismo (odia todo o acabado en ismo, engadamos nacionalismo, por iso usa patriotra), pero esquécese do liberalismo ou a economía liberal que tanto se preocupa das persoas, sobre todo se esa persoa se chama empresa, pois ainda non vin ningún escrito liberal que non fale da empresa e si das persoas, salvo coma meros obxectos de traballo (produción de riqueza). Así temos a crise que temos, e se é un modelo Bush que tanto coida das persoas que agora ata a clase media ten que ir a comer ás cociñas económicas e é o pais onde crece a pobreza a pasos de xigantes.
Earth first [A Terra primeiro], pois SI, sen terra, non hai home e a apocalipse non é cousa nosa, senón da biblia, e iso é outro tema.
A continuación vai as declaración deste señor, recopilado en varios medios. En el pais poden ver todo o discurso (more…)



Esta mañá, Beatriz Diz, portavoz dos veciños de santa Lucía de Moraña afectados pola contaminación electromagnética, entregou vía rexistro a petición de devandito colectivo á Dirección Xeral de Saúde Pública de:



