13/07/ 2005

A Conselería e Augas de Galicia, non respostan ao Valedor do Pobo

Filed under: Augas e Ríos

A FEG, a través do voceiro no Consello Consultivo de Augas de Galicia, emitiu unha queixa ante o Valedor do Pobo pois non se convoca este Consello dende fai tempo.

Agora enviasenos unha carta, na que se nos comunica que:
"En relación coa queixa que vostede presentou nesta Institución, no día de hoxe (8 de xullo de 2005) solicitamos novamente á Consellería de Medio Ambiente o correspondente informe".

FESTA DA FRAGA 2005 (25 de Xullo) Non estamos todos, falta un carballo

Filed under: Denuncia

O pasado mes de marzal o Concello de As Pontes, cortou un dos carballos máis vellos e mellor conservado do Parque Municipal da Fraga de Dona Rita, dentro da zona da servidume do Eume.

(more…)

12/07/ 2005

ADEGA denuncia a licitación urxente para o deseño e posta en marcha do Centro de Información Ambiental

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) demanda da Consellería de Medio Ambiente explicacións sobre o anuncio de licitación, polo sistema de concurso público e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para o deseño e posta en marcha do Centro de Información Ambiental, cun orzamento de 450.000 euros. O anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo, co Goberno en funcións. (more…)

11/07/ 2005

ADEGA, FEG e SGHN condenana a lliberación de miles de visóns americanos

Filed under: Flora e Fauna

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren expresar publicamente o seu rexeitamento á liberación intencionada de miles de visóns americanos procedentes dunha granxa de San Marcos, en Santiago. ADEGA, FEG e SGHN condenan as granxas de visóns, mais consideran que a solta destes animais, alleos ao noso medio natural, é un atentado ecolóxico máis que constribúe á deterioración da natureza.

(more…)

10/07/ 2005

Organizaciones ecologistas gallegas consideran que el “Catálogo de especies ameazadas” está incompleto [AGN, 9/7/2005 18:52]

Filed under: Flora e Fauna

Entrevista a Martiño Nercellas – La FEG asegura que los peces son los "grandes olvidados" y presentará alegaciones al documento -

La publicación, el pasado 1 de julio en el Diario Oficial de Galicia, del "Catálogo galego de especies ameazadas" ha suscitado la reacción grupos gallegos implicados en la defensa de la biodiversidad.

El biólogo y coordinador de la Comisión de Espacios Naturales de la Federación Ecologista Gallega (FEG), Martiño Nercellas, afirma que este catálogo es "poco ambicioso" en comparación con los que han desarrollado comunidades como La Rioja o Madrid. En su opinión la Consellería debería haber considerado las categorías que especifica la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (UICN).

(more…)

08/07/ 2005

A Consellería non elude as irregularidades nas concesións de minicentrais

Filed under: Augas e Ríos

A Consellería de Medio Ambiente deixa sen efecto a figura de protección destes espazos (zona de especial protección dos valores naturais). Esta figura obriga a aprobar un Plan de Conservación nun prazo non superior de 2 anos. Neste sentido a Lei de Conservación da natureza, no artigos do 36 ao 40 non deixa lugar a dúbida, pois na súa redacción queda claro que estes espazos deben ter este Plan e Determinar as actividades prohibidas e autorizadas. Coa súa actuación, a Xunta deixa baleiros estes artigos.

(more…)

07/07/ 2005

A FEG está a detectar o incumprimento da lexislación vixente na construción de novos encoros

Filed under: Augas e Ríos

A FEG lamenta a actitude de abandono por parte da Consellería de Medio Ambiente levada acabo durante estes últimos anos, máis preocupada de servir a intereses particulares privados que a de dispoñer dunha política sostible e responsable coa xestión das masas de auga dos ríos e humidais e a súa biodiversidade. Preocupa fondamente que o goberno en funcións da Xunta pretenda aínda aprobar perto dunha ducia de concesións máis de saltos hidroeléctricos e nos que se deben destacar aqueles que afectan a espazos naturais protexidos tales como os proxectados para o río Deza, Arnego ou Mandeo.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here