A FEG está a detectar o incumprimento da lexislación vixente na construción de novos encoros
A FEG lamenta a actitude de abandono por parte da Consellería de Medio Ambiente levada acabo durante estes últimos anos, máis preocupada de servir a intereses particulares privados que a de dispoñer dunha política sostible e responsable coa xestión das masas de auga dos ríos e humidais e a súa biodiversidade. Preocupa fondamente que o goberno en funcións da Xunta pretenda aínda aprobar perto dunha ducia de concesións máis de saltos hidroeléctricos e nos que se deben destacar aqueles que afectan a espazos naturais protexidos tales como os proxectados para o río Deza, Arnego ou Mandeo.
O río Xallas, tributario do Tambre preto da súa desembocadura e non confundir co río Xallas que forma a fervenza do ézaro, está a sufrir un forte impacto ambiental debido a construción dun salto hidroeléctrico. A compañía que está a promover as obras responde ao nome de Hidroeléctricas de Arnoia e detrás dela está Antonio Fontela (CEG) e xa famoso Jose Luis Castro Valdivia. As obras estanse a realizar incumprindo a declaración de impacto ambiental (DIA), ocupando completamente as marxes do río, orixinando unha forte sedimentación con altos niveis de colmatación augas abaixo e incluso levantando o presa entorno a 2 metros máis do recollido no proxecto.
Hai que destacar a importancia ambiental deste río estando a súa desembocadura incluído dentro dos límites da Rede Natura 2000 e igualmente afectados polo proxecto pois as súas marxes van acoller a central de turbinaxe.
Dende a FEG lamentase que a ocupación deste río hipoteca a posibilidade de recuperar para o río Tambre 8 km de ecosistema fluvial aptos para abordar un plan de recuperación de salmón e mesmamente de reo, que contan na actualidade con poboacións no Tambre que están no límite da desaparición, e con moi poucas posibilidades de reprodución debido a presenza do encoro de Barrie de la Maza que supón unha barreira infranqueable para remontar augas arriba.
Ata o inicio das obras o río Xallas cumpría en parte o papel ecolóxico propio das cabeceiras fluviais o discorrer practicamente sen obstáculos dende o seu nacemento atae o mar.
Con relación as especies máis ameazadas presentes no río tamén é de lamentar a actitude mantida pola Xunta nestas últimas semanas con respecto ao salmón, especie que se atopa en perigo de extinción nos ríos galegos, e dos que se están pescando furtivamente ou sen ningún tipo de vixilancia no río Ulla ou atrapados no río Verdugo sen posibilidade de remontar para o seu desove.
Agardase que o novo goberno mostre unha maior sensibilidade e disposición para poñer fin ao que se pode considerar un auténtico disparate e xestión destrutiva da riqueza fluvial no Pais dos DEZ MIL ríos.

É maravilhoso
Alguém estrenou isto
Bjs.
Comment by Tinorrio — 07/07/ 2005 @ 16:48