08/07/ 2005

A Consellería non elude as irregularidades nas concesións de minicentrais

Filed under: Augas e Ríos

A Consellería de Medio Ambiente deixa sen efecto a figura de protección destes espazos (zona de especial protección dos valores naturais). Esta figura obriga a aprobar un Plan de Conservación nun prazo non superior de 2 anos. Neste sentido a Lei de Conservación da natureza, no artigos do 36 ao 40 non deixa lugar a dúbida, pois na súa redacción queda claro que estes espazos deben ter este Plan e Determinar as actividades prohibidas e autorizadas. Coa súa actuación, a Xunta deixa baleiros estes artigos.


Dende a FEG pensa que estes Plans de Conservación, deberían estar feitos ou en avanzado estado de redacción, entendendo que dende o 1ª proposta de espazos a formar a Rede Natura 2000 (ano 1999), a publicación da Lei de Conservación da natureza (2001) e en cumprimento da Directiva Hábitat, deberían gozar xa de protección a efectos legais.

Insistimos que os proxectos a realizar no Xallas (afluente do Tambre), no Ulla-Deza e aqueles que se pretenden aprobar en rede Natura 2000 son ilegais. Recórdalles á Consellería de medio ambiente e a Augas de Galicia que dende a probación do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa, todos os sistemas fluviais catalogados como protexidos, serán Áreas de Especial Protección e nas que se di: “As áreas de especial protección serán obxecto de adopción de medidas de prevención, regulación de actividades e saneamento que garante a conservación do recurso, a súa calidade e a máxima riqueza ecolóxica e paisaxística no seu entorno”.

Lembrámoslle que na actualidade existen as suficientes evidencias científicas que poñen de manifesto a fraxilidade dos ecosistemas fluviais e do impacto ambiental que ocasionan os aproveitamentos hidroeléctricos sobre os mesmos.

Precisamente o que ven a facer a Consellería de medio ambiente e Augas de Galicia en relación aos expedientes abertos para a Declaración de Impacto Ambiental, foron realizados a través de estudos de moi dubidosa rigorosidade técnica e científica, e de forma sistemática eludiu valorar os impactos severos ou críticos.

Considérase insuficiente, valorar o impacto en base a unhas poucas especies piscícolas e de forma superflua, sen afondar no seu comportamento e interrelación como medio. Non se avalía como as alteracións de fluxo e circulación da auga afectan á distribución das comunidades da flora e a fauna, que son que marcan a calidade e valores dos ríos, e polo que se protexen.

A non alusión da Consellería de Medio ambiente ás denuncias sobre o proxecto do río tambre, non veñen máis que reforzar as nosas queixas.

Vinculada encoros.- Medio Ambiente alega que as tramitación de solicitudes para aproveitamentos hidroeléctricos son estrictamente legais [AGN7/7/2005 17:12]

A Consellería de Medio Ambiente asegura que actúa con estricto axuste á legalidade e aos prazos establecidos para a tramitación de todas as solicitudes de aproveitamentos hidroeléctricos que xestiona, en resposta ás acusacións formuladas esta mañá pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), nas que lle atribuía á Xunta unha "actitude de abandono" e unha maior preocupación por "atender intereses particulares que de dispoñer dunha política responsable coa biodiversidade", en referencia ás autorizacións de construcción de novos encoros en Galicia.

Nun comunicado difundido por Medio Ambiente, este departamento lémbralle ademais á FEG que "para a concesión de aproveitamentos hidroeléctricos, Augas de Galicia axústase ao Plan Sectorial Hidroeléctrico no que se fixan as condicións para a instalación das infraestruturas". Medio Ambiente destaca tamén que a tramitación dos expedientes inclúe en todo caso a valoración de impacto ambiental do aproveitamento hidroeléctrico.

Por outra parte, a Xunta de Galicia nega tamén de xeito rotundo que o salmón sexa unha especie en perigo de extinción, tal e como denunciou hoxe a Federación Ecoloxista Galega. A Administración autonómica afirma sancionar ademais todos os casos detectados de pesca furtiva e sen control, un fenómeno que tamén lamenta a FEG.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/07/08/a-conselleria-non-elude-as-irregularidades-nas-concesions-de-minicentrais/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here