11/07/ 2005

ADEGA, FEG e SGHN condenana a lliberación de miles de visóns americanos

Filed under: Flora e Fauna

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren expresar publicamente o seu rexeitamento á liberación intencionada de miles de visóns americanos procedentes dunha granxa de San Marcos, en Santiago. ADEGA, FEG e SGHN condenan as granxas de visóns, mais consideran que a solta destes animais, alleos ao noso medio natural, é un atentado ecolóxico máis que constribúe á deterioración da natureza.


Esta acción supón un grave atentado ambiental, xa que o visón americano é unha especie alóctona invasora cuxa introdución na nosa natureza ten consecuencias negativas para a fauna autóctona e o funcionamento normal dos ecosistemas. O visón americano é un voraz depredador de moitas especies da nosa fauna ligadas aos cursos de auga e as súas ribeiras.

Os grupos ecoloxistas e as organizacións animalistas responsábeis consideran inaceptábeis estas liberacións de visóns, que poden provocar extincións locais de poboacións de especies autóctonas. Esta acción só pode ser atribuída a persoas que non teñen nada que ver coas asociacións de defensa do medio ambiente.

ADEGA-Compostela, FEG e SGHN-Santiago están totalmente en contra das granxas de visóns, nas que os animais teñen unha vida e unha morte miserable, para satisfacer luxos innecesarios e crueis. Por este motivo solicitamos o feche destas granxas e o confinamento destes animais, difícilmente recuperables ao seu entorno natural, a unhas instalacións onde poidan levar unha vida o mais digna posible.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/07/11/adega-feg-e-sghn-condenan-a-liberacion-de-miles-visons-americanos/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here