12/07/ 2005

ADEGA denuncia a licitación urxente para o deseño e posta en marcha do Centro de Información Ambiental

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) demanda da Consellería de Medio Ambiente explicacións sobre o anuncio de licitación, polo sistema de concurso público e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para o deseño e posta en marcha do Centro de Información Ambiental, cun orzamento de 450.000 euros. O anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo, co Goberno en funcións.


Isto acontece logo do abandono, e mesmo desprezo, que a Consellería de Medio Ambiente ten manifestado até agora pola educación ambiental, do que é exemplo destacado o esquecemento da Estratexia galega de Educación Ambiental (EGEA), deixada nun caixón dende que se aprobou en 1999. Agora, a Consellería de Medio Ambiente saca a concurso un Centro de Información Ambiental, na liña do conxunto da Xunta en funcións de abusar das contratacións.

A xuízo de ADEGA, esta decisión pon de manifesto, unha vez máis, o funcionamento caciquil e clientelar da Xunta en xeral e da Consellería de Medio Ambiente en particular. Despois de 16 anos no poder, a Xunta actual lémbrase de pór en marcha un Centro de Información Ambiental. ADEGA suxire á Consellería que, en lugar de se preocupar por pagar posíbeis favores, se centre en tarefas urxentes e máis propias dun goberno en funcións como a prevención e a extinción de incendios forestais.

ADEGA solicita ás forzas políticas que gobernarán durante os próximos catro anos que recollan, analicen e denuncien esta actuación, xa que se están a comprometer proxectos futuros, ademais de supor un desbaldimento de recursos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/07/12/adega-denuncia-a-licitacion-urxente-para-o-deseno-e-posta-en-marcha-do-centro-de-informacion-ambiental/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here