01/09/ 2005

A FEG solicita unha revisión do Plan Sectorial de Piscifactorias nas costas galegas

Filed under: Litoral

A FEG mostrase contraria á construción da piscifactoria de Rinlo (Lugo) O Caso de Rinlo é o primeiro proxecto, de varios incluídos no Plan Sectorial, que suporá a destrución de Espazos Naturais Protexidos, é aprobadas pese aos informes contrarios dos técnicos da Administración autonómica.


O caso de Rinlo é o exemplo que vai acontecer noutros Espazos litorais de moita importancia ambiental como A Costa Ártabra, Costa da Morte, Carnota-Monte Pindo, Corrubedo, Complexo intermareal Umia Grove, ou a Costa da Vela. Todos eles xa se aprobou súa inclusión na Rede Natura 2000 por parte da Unión Europea.

O Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria (piscifactorías) nas Costas Galegas, promovido pola Consellería de Pesca, foi aprobada cunha falta de transparencia impropia dunha administración pública encargada de velar honestamente dos recursos e da ordenación do territorio, favorecendo discriminadamente a determinadas persoas físicas e xurídicas, e pisoteando os principios de equidade e igualdade da cidadanía.

Creemos que non se axustou aos denominados “Plans Sectoriais” pola Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio de Galicia, pois non se establece unha regulación e unha ordenación dunha actividade, senón que é unha aprobación masiva de proxectos pola costa galega.

Non se respectou os intereses ambientais, paisaxísticos e culturais do territorio, mirando soamente os intereses económicos particulares. Proba disto son os informes contrarios realizados pro técnicos da Consellería de medio Ambiente e que non foron tidos en conta.

Os beneficios sociais para as zonas son mínimos e a creación de postos de traballo son escasos. O Parque piscícola de Cabo Vilán (no que agora se pretende ampliar) no proxecto das instalacións agora en funcionamento, proxectabase 100 posto de traballo dos que na realidade son somente 15 dos que unha mínima parte son do Concello de Camariñas.

A Federación solicita da Xunta unha revisión seria e rigorosa do Plan, en particular, como no caso de Rinlo, de aqueles espazos de interese Ambiental e que agora están ameazados.

Por último, a Federación apoia e solidarízase cos actos que están a desenvolver polos compañeiros da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) de paralización das obras da piscifactoría de Rinlo.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/09/01/a-feg-solicita-unha-revision-do-plan-sectorial-de-piscifactorias-nas-costas-galegas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here