A celebración da Masa Crítica en Compostela cumpre un ano
XUÍZO A UN PORQUIÑO PACIFISTA Benqueridas/os compañeiras/os:
A todas/os, que algún dia vos solidarizastes coa causa xudicial que sofren membros de Bicis pola Paz e Xevale-FEG dende fai dous anos, informámosvos ; que o xuízo pendente terá lugar o vindeiro día 2 de Novembro, as 12 horas ante a Sala de Audiencia do Xulgado do Penal, n° 1 de Lugo. Esta é a situación. (more…)
A Asemblea do Suído solicita a anulación e suspensión do levantamento de actas previo á ocupación dos terreos para a construción do Parque Eólico de Fonteavia na Serra do Suído (realizado hoxe día 26 ás 11:00 h.), promovido pola empresa Eurovento S.L., xa que a día de hoxe non está aprobado o Proxecto Sectorial (a aprobar polo Consello da Xunta) que permitiría a ocupación por parte de Eurovento S.L. dos terreos onde pretenden instalar o Parque Eólico. Isto non é posíbel porque os terreos están en solo rústico, polo que non poden albergar unha instalación deste tipo (Lei do Solo) a menos que se aprobe un Proxecto Sectorial que habilite os terreos para tal fin, e que a día de hoxe non existe.
A Federación Ecoloxista Galega ante o inicio da temporada de caza en Galicia alerta que de continuar os vicios, abusos e permisividade que se ven practicando de xeito xeneralizado dentro da actividade cinexética galega para o inicio da próxima década atoparase nunha situación crítica de viabilidade e en claro Perigo de Extinción. (more…)
A Asemblea do Suído presenta recurso potestativo de reposición solicitando a anulación da aprobación do Parque Eólico de Fonteavia (1ª e 2ª fase) promovido por EUROVENTO, S.L. Unipersonal na Serra do Suído. Ademais solicítalle ás Consellerías de Industria e Medio Ambiente que tome medidas cautelares para preservar os valores naturais e patrimoniais da zona, ameazados por este proxecto e outros (como as canteiras, liñas de alta tensión e subestacións eléctricas)
Expertos da Asociación Sectorial Forestal Galega alertaron nesta semana do descenso nos niveis de materia orgánica nos solos galegos. Hai que saber que a proporción de materia orgánica nun solo vai determinar a capacidade dese solo para reter auga e de nutrintes, marcando, nun último extremo, a súa fertilidade. (more…)
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra solicita ao Concello de Poio e as autoridades competentes da Xunta que esclarezcan a orixen dun vertido que afectou ao banco marisqueiro de A Reiboa, no fondo da ría de Pontevedra. APDR acusa á fábrica conserveira Pescamar e instan aos responsables municipais e autonómicos a "impoñer si é o caso, a correspondente sanción".
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here