26/10/ 2005

A Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega) pide a anulación do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos (mediante expropiación do monte comunal da Graña en Covelo) pola empresa eurovento S.L. para a instalación do parque eólico de Fonteavia

A Asemblea do Suído solicita a anulación e suspensión do levantamento de actas previo á ocupación dos terreos para a construción do Parque Eólico de Fonteavia na Serra do Suído (realizado hoxe día 26 ás 11:00 h.), promovido pola empresa Eurovento S.L., xa que a día de hoxe non está aprobado o Proxecto Sectorial (a aprobar polo Consello da Xunta) que permitiría a ocupación por parte de Eurovento S.L. dos terreos onde pretenden instalar o Parque Eólico. Isto non é posíbel porque os terreos están en solo rústico, polo que non poden albergar unha instalación deste tipo (Lei do Solo) a menos que se aprobe un Proxecto Sectorial que habilite os terreos para tal fin, e que a día de hoxe non existe.

 

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here