27/10/ 2005

A FEG envía á Consellería de Política Territorial unha denuncia sobre a caótica situación de desenvolvemento urbanístico en primeira liña de praia no Concello de Fisterra.

Con esta denuncia preténdese chamar a atención de que a situación en moitas puntos da liña de costa galega é insostible baixo modelos de desenvolvemento urbanístico disparatados e que contradín as propias normas urbanísticas. Nos dous últimos anos a situación comeza a ser particularmente grave en moitos puntos da Costa da Morte( Muxía, Cee, Laxe, etc.). A Consellería de Política Territorial debe actuar firmemente e paralizar todos aqueles procesos que eluden ou trampean as diferentes normativas urbanísticas.

(more…)

ADEGA valora positivamente a intervención do Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel no Pleno do Parlamento Galego, pero esixe actuacións inmediatas para evitar danos irreparábeis nos ecoistemas fluviais e na Rede Natura 2000

Filed under: Xestión Ambiental

A Asociación para a Defensa Ecolóxica asistiu hoxe á comparecencia parlamentar na que o Conselleiro de Medio Ambiente presentou as liñas de traballo da súa consellería., valorando positivamente o cambio nos contidos e nas intencións manifestado polo Conselleiro.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here