06/11/ 2005

A FEG demanda a convocatoria da Xunta de Goberno de Augas de Galicia

Filed under: Augas e Ríos

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) demanda da Consellería de Medio Ambiente que convoque axiña a Xunta de Goberno de Augas de Galicia, o órgano para a participación social na política de augas autonómica. A FEG quere que o presidente de Augas de Galicia explique na Xunta de Goberno o anuncio feito polo conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento sobre a posibilidadade da paralización de 37 expedientes de aproveitamentos hidroeléctricos, así como as accións que ten previsto adoptar o novo Goberno para cumprir a Directiva Marco da Auga. Ademais, a FEG pide unha reforma da Xunta de Goberno para a transformar nun verdadeiro órgano de participación social, representativo e plural.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here