A APDR decuncia a mobilización non autorizada de residuos potencialmente perigosos nas intalacións de ENCE
Dende fai semanas, a empresa ENCE está a mobilizar con maquinaria pesada (camións e escavadoras) os residuos acumulados durante anos nun depósito de superficie que a empresa denomina “la mina”. Estes residuos constitúen un depósito que se sitúa nas instalacións da factoría de ENCE nas marismas de Lourizán, entre o canle perimetral do complexo e a zona do parque de madeiras, ocupando unha superficie de 21.000m2. Nesta zona se produzo o acopio dun total de 187.445m3 de residuos de diversa índole pero que inclúen, de acordo coa descripción que dos mesmos fai a empresa, materiais como limos negros cuio orixe se asocia a episodios de dragado das balsas de decantación; estes limos, dado que nas balsas de decantación se teñen atopado elevadísimos niveis de mercurio procedentes dos vertidos de ELNOSA, han de ter unha forte carga contaminante que fai que merezan ser considerados como perigosos.
