A APDR decuncia a mobilización non autorizada de residuos potencialmente perigosos nas intalacións de ENCE
Dende fai semanas, a empresa ENCE está a mobilizar con maquinaria pesada (camións e escavadoras) os residuos acumulados durante anos nun depósito de superficie que a empresa denomina “la mina”. Estes residuos constitúen un depósito que se sitúa nas instalacións da factoría de ENCE nas marismas de Lourizán, entre o canle perimetral do complexo e a zona do parque de madeiras, ocupando unha superficie de 21.000m2. Nesta zona se produzo o acopio dun total de 187.445m3 de residuos de diversa índole pero que inclúen, de acordo coa descripción que dos mesmos fai a empresa, materiais como limos negros cuio orixe se asocia a episodios de dragado das balsas de decantación; estes limos, dado que nas balsas de decantación se teñen atopado elevadísimos niveis de mercurio procedentes dos vertidos de ELNOSA, han de ter unha forte carga contaminante que fai que merezan ser considerados como perigosos.
A manipulación destes residuos, que por conter restos orixinados nunhas instalacións de produción de cloro deben considerarse como perigosos, esixe unha autorización específica. A empresa solicitou autorización para mobilizalos dentro do proxecto de recheo das balsas de decantación que forman parte do complexo industrial, estando situadas dentro da parcela de dominio público marítimo terrestre que a empresa ocupa en réxime de concesión en Lourizán; este proxecto, denominado "Recuperación terreos balsas 1, 2, 3, y 4" no que se inclúe a solicitude para a mobilización dos residuos de "la mina" para a súa utilización como material de recheo para as balsas, foi sometido a exposición pública por parte das Administracións autonómica e estatal en xuño de 2004 e nunca chegou a ser aprobado dados os perigos que para o medio ambiente, a saúde dos habitantes da zona e para os recursos naturais supoñía tal operación. Os residuos de "la mina" aparecían no documento exposto deficientemente caracterizados na súa diversidade dado que no citado proxecto de recheo das balsas apenas figuraba unha descrición visual dos mesmos (soamente figuran referencias ao color e a textura pero ningunha especificaba a composición química), ocultándose o grado de toxicidade dos mesmos pero que, dada a falla de escrúpulos ambientais amosada dende sempre pola empresa, cabe agardar que, ao menos en parte dos diferentes niveis estratiformes, sexa moi elevado; polo menos os que, de acordo co proxecto denominado "Recuperación terreos balsas 1, 2, 3, y 4", se sitúan en niveis profundos da acumulación de residuos nos que explicitamente: "Se observa un nivel diferenciado constituído por arenas misturadas con limos negros cuiyo origen se asocia a episodios de dragado de las balsas o también pudiera ser el fondo de alguna antigua balsa"; moi probablemente a toxicidade estea presente en toda a columna do depósito.
Diante destas actuacións da empresa, na que persisten os comportamentos irresponsables, ilegais e irrespectuosos co medio, cos recursos e coa saúde dos cidadáns, a Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar denuncia diante da Consellería de Medio Ambiente para que proceda a paralizalas e a abrir un expediente sancionador por incumprimento da lexislación de vertidos. Tamén solicita que se estude a posible comisión de delito contra o medio ambiente e que, no seu caso se poñan os feitos en coñecemento dos tribunais de xustiza.
