08/11/ 2005

As Fragas do Eume seguen en perigo

Filed under: Espazos Naturais

O Parque Natural das Fragas do Eume protexe dende 1997 un dos bosques máis importantes de Europa, tanto pola súa extensión como polo seu grao de conservación.


Guerrilleir@s das Fragas – FEG, dirixiu un escrito ó Conselleiro de Medio Ambiente, poñendolle en coñecemento a existencia dunha línea eléctrica en desuso na desembocadura do río Fray Bermuz (Monfero), que atravesa o bosque mellor conservado, e unha parte introdúcese no río, poñendo en perigo a rica avifauna da zona. Guerrilleir@s das Fragas – FEG considera que a empresa propietaria da infraestructura eléctrica debe retirala.

Por outra banda Guerrilleir@s das Fragas – FEG aproveita a ocasión para lembrarlle outros problemas ambientais do Espacio Natural Protexido (ENP).
– Ausencia de compensacións ós propietarios afectados polas medidas conservacionistas.

– Existencia de proxectos de elevado custo ambiental tanto no interior como no perímetro exterior do ENP: mina de Andalucita (Monte Fontardión), trasvase de auga do Eume, parques eólicos (Penafesa-Cisterna-Raño), concentracións parcelarias (Piñeiro,Xermade)

– Inexistencia de programas de Educación ambiental específicos para os afectados polo Parque Natural.

– Contratación de persoal pouco transparentes. P.ex. Educadores ambientais, normalmente emprégaronse para contratar amigos e cuñados, ou pagar favores políticos.

Finalmente esperamos que o novo governo traballe para correxir estes problemas dotando ó ENP dunha partida presupuestaria anual seria.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/11/08/as-fragas-do-eume-seguen-en-perigo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here