10/11/ 2005

A Feg Felicítase Pola Decisión De Revisar O Plano Sectorial Hidroeléctrico De Galicia-Costa

Filed under: Augas e Ríos

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) apoia a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Medio Ambiente, de revisar o Plan Sectorial Hidroeléctrico de Galicia-Costa e de suspender 32 novas concesións de aproveitamento hidroeléctrico nos ríos Verdugo, Lérez, Umia, Eume, Landro e sistema Ulla-Arnego-Deza-Sar. Trátase dunha decisión esperanzadora, froito da presión social exercida nos últimos anos en defensa do patrimonio natural dos ríos galegos, decisión que agardamos sexa o primeiro paso importante cara a unha nova política autonómica da auga que garanta a conservación e o uso sostíbel dos ríos.

(more…)

A Asemblea do Suído-Federación Ecoloxista Galega reúnese coa Consellería de Medio Ambiente

coto quemado O Delegado da Asemblea do Suído e o Coordinador de Espazos Naturais da Federación Ecoloxista Galega, mantiveron unha reunión co Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para analizar a situación da Serra do Suído con respecto aos proxectos de Parques Eólicos que a empresa Eurovento, S.L. quere construír na serra.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here