10/11/ 2005

A Asemblea do Suído-Federación Ecoloxista Galega reúnese coa Consellería de Medio Ambiente

coto quemado O Delegado da Asemblea do Suído e o Coordinador de Espazos Naturais da Federación Ecoloxista Galega, mantiveron unha reunión co Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para analizar a situación da Serra do Suído con respecto aos proxectos de Parques Eólicos que a empresa Eurovento, S.L. quere construír na serra.


Na reunión solicitaron ao Delegado un xesto firme por parte da súa Consellería para protexer o Suído e impedir que se constrúan os Parques Eólicos, xa que actualmente a Serra do Suído é o único espazo da Dorsal Galega libre de instalacións eólicas, polo que se converte na mellor representación (debido ao seu estado de conservación) dos espazos de media montaña da Dorsal Galega.

Asemade, presentaron unhas alegacións onde se fundamenta a necesidade de preservar os hábitats e especies desta serra fronte aos proxectos de Parques Eólicos (amais de canteiras e minicentrais) e a urxencia da súa protección. Nas mesmas alegacións pídese que se paralicen os proxectos eólicos de Fonteavia e Bidueiros.

A Asemblea do Suído e a Federación Ecoloxista Galega solicitan ás Consellerías de Industria e Medio Ambiente unha maior coordinación neste tema e que pasen das palabras aos feitos, se non queren perder a oportunidade de preservar a última serra da Dorsal Galega nun aceptábel estado de conservación.

CAMPAÑA
Por outra banda, a Asemblea do Suído está a levar adiante unha campaña para solicitar ao Goberno Galego a protección da Serra do Suído e a súa inclusión na rede Natura 2000. Así, editou un boletín monográfico sobre o Suído, unha exposición itinerante, adhesivos, pancartas e tarxetas postais para enviar ao presidente galego e manifestarlle a necesidade de conservar este contorno.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/11/10/a-asemblea-do-suido-federacion-ecoloxista-galega-reunese-coa-conselleria-de-medio-ambiente/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here