120 Persoas participaron o domingo pasado na ruta pola Serra do Suído para pedir a súa protección e solicitar que non se constrúan Parques Eólicos nin Canteiras na serra

Ao final da ruta os participantes da mesma, organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Asemblea do Suído (integradas na Federación Ecoloxista Galega, FEG), despregaron unhas pancartas na praza do concello de Covelo, opoñéndose aos proxectos de canteiras e parques eólicos na Serra do Suído.(more…)
