30/12/ 2005

A FEG fai balanzo ambiental do 2005: Annus horribilis.

Filed under: Xestión Ambiental

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), federación que agrupa á maioría das asociacións ambientalistas galegas, a xeito de pequeno balanzo ambiental do ano que remata, quere destacar os logros e os problemas ambientais en Galicia durante o ano 2005

(more…)

29/12/ 2005

Cinco meses esperando resposta de Portos de Galicia

Filed under: Litoral

Luita Verde denuncia a falla de resposta legal e por escrito do Ente público Portos de Galicia ás alegacións formuladas xa hai máis de 5 meses por este colectivo ecoloxista máis outras individuais á Proposta de actuación para a construcción dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Bueu. Luita Verde denuncia asimesmo que sin ter resposta oficial deste Ente mentras tanto o seu novo presidente, Vicente Irisarri, accede a reunirse cunha plataforma a favor dese porto deportivo, prestándose ó seu xogo mediático e especulativo.

(more…)

28/12/ 2005

Grupos Ecoloxistas Entrevístanse co Director Xeral de Industria en relación aos parques eólicos da Serra do Suído

No día de hoxe, a Asemblea do Suído, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) vimos de manter unha reunión co Director Xeral de Industria sobre os parques eólicos proxectados para a Serra do Suído (Fonteavia e Bidueiros) na que solicitamos unha vez máis a paralización dos mesmos, tal como vimos solicitando dende o limiar das tramitacións.

(more…)

24/12/ 2005

Urbanismo en Cangas, ilegal para costas

(more…)

22/12/ 2005

Que se di na prensa:

Filed under: Prensa

(more…)

21/12/ 2005

Actividades pola defensa da Fraga de Menáncaro

Filed under: Augas e Ríos

A fraga de Menáncaro é o mellor rodal de bosque autóctono caducifolio do Concello de Ferrol, cós exemplares de maior idade. Este espazo, xunto có val do río da Sardiña están recollidos dentro do "Catálogo de bens protexidos" incluido no plan xeral de ordenación municipal. Tanto na "Lei do solo" como no Plan Xeral do concello de Ferrol hai prohibición expresa de urbanizar neste espazos. A pesares de todo, o Concello insiste en levar adiante esta actuación urbanística.
Información das actividades, premendo nesta páxina

19/12/ 2005

A “APDR” presenta alegacións contra o ramal de gas natural a “CELULOSAS”.

A "Asociación Pola Defensa da Ría" ven de presentar diante da "Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas" da "Consellería de Innovación e Industria" as súas alegacións contrarias á resolución de 4 de novembro de 2005, pola que a antedita Dirección Xeral somete a exposición pública a solicitude de autorización administrativa, recoñecemento da utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do "Ramal APB (Transporte Secundario) Pontevedra – Marín – Bueu – Cangas, provincia de Pontevedra, promovido por Gas Natural SDG, S.A.", proxecto que foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o pasado 29 de novembro.

(more…)

12/12/ 2005

A Asemblea do Suído denuncia obras ilegais nun río por parte da empresa Eurovento, S.L.

En colaboración co servizo de gardas forestais da Xunta de Galiza, a Asemblea do Suído – Federación Ecoloxista Galega denuncia as obras ilegais realizadas por Eurovento, S.L. (empresa promotora dos parques eólicos na Serra do Suído), no río Pardellas na parroquia de San Salvador de Prado en Covelo.

(more…)

08/12/ 2005

Subvencións nas Fragas do Eume, para todo menos para Conservar.

Filed under: Espazos Naturais

Guerrilleir@s das Fragas-FEG remitiulle un escrito o Director Xeral de Conservación da Natureza mostrándolle o desacordo na concesión das axudas en materia de conservación de recursos naturais no Parque Natural das Fragas do Eume, publicada no DOGA do 17 de novembro de 2005.

(more…)

02/12/ 2005

O porquiño pacifista absolto

Filed under: Denuncia

Compañeiras/os, teño diante miña a absolución do proceso xudicial que ao longo de dous anos e medio andivo xulgando a un porquiño pacifista que decia "adeus ás armas" a xuiza non ve nengun tipo de delito, mesmo reivindica todo o noso dereito nunha declaración demoledora en contra das mentiras de estre proceso.

(more…)

01/12/ 2005

A FEG puxo en marcha a campaña «As Dunas, Espazos Únicos a Conservar»

A FEG (Federación Ecoloxista Galega), organización que aglutina o traballo de 14 grupos ecoloxistas de toda Galicia, deseñou e realizou o material divulgativo da campaña "Dunas: Espazos únicos a conservar".

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here