01/12/ 2005

A FEG puxo en marcha a campaña «As Dunas, Espazos Únicos a Conservar»

A FEG (Federación Ecoloxista Galega), organización que aglutina o traballo de 14 grupos ecoloxistas de toda Galicia, deseñou e realizou o material divulgativo da campaña "Dunas: Espazos únicos a conservar".


Xustificación
A necesidade de compatibilizar o desenvolvemento socioeconómico coa conservación da natureza é cada vez máis necesaria, de modo que, por exemplo, a conservación de certos espazos naturais non se poña en perigo en nome dun progreso insustentable e mal entendido.

Un dos maiores problemas na conservación dos espazos costeiros é a presión urbanística. Asumindo a máxima "coñecer para protexer", esta campaña pretende descobrer os tesouros naturais agochados nas areais dunares.

Obxectivos da campaña:
Dar a coñecer a biodiversidade das dunas do litoral galego. Poñer á disposición da sociedade material divulgativo e didáctico sobre os sistemas dunares. Concienciar da necesidade de conservar os ecosistemas dunares.

Cales son as razóns para preservar as dunas?

  • Coidar a estética e paisaxística litoral. A costa é o gran destino turís-tico actual. A paisaxe natural das rías galegas é o gran aliciente dos turistas que buscan unha experiencia xenuína nas súas viaxes. Copiar o modelo urbanístico e turístico de certas zonas do mediterráneo supón dilapidar o noso principal recurso, con grande risco económico a medio prazo.
  • Preservar as nosas praias. A duna primaria (a máis cercana á praia) actúa coma un almacén de area que lla presta á praia cando o mar lla retira, compensando a variación nas cantidades de area que se dan ao longo do ano. Eliminar as dunas supón perder esta función, e mesmo pode levar á desaparición da praia.
  • Son un banco de especies de flora únicas. As plantas dunares adaptáronse de tal xeito ás condicións de sequidade e salinidade que non son capaces de competir noutros terreos. Así as dunas convértense en lugares de alto valor biolóxico e moi rico en ende-mismos.
  • Materias da campaña:
    * Exposición de 5 paneis, coas seguintes temáticas:
    – definición de duna
    – partes e dinámica do ecosistema
    – flora
    – fauna
    – impactos nas dunas.

    Está deseñada para ser visitada por público en xeral.

    * Unidade didáctica, con información para docentes e actividades para alumnos de último ciclo de primaria e alumnos de secundaria.
    * Presentación en Power-Point sobre os sistemas dunares galegos, destinado aos docentes.
    * Folleto divulgativo sobre os valores das dunas.
    * Carteis anunciadores da exposición.

    Os materiais foron impresos coa colaboración económica da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

    Comments »

    The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/12/01/p56/trackback/

    No comments yet.

    RSS feed for comments on this post.

    Leave a comment

    Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























    Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here