02/12/ 2005

O porquiño pacifista absolto

Filed under: Denuncia

Compañeiras/os, teño diante miña a absolución do proceso xudicial que ao longo de dous anos e medio andivo xulgando a un porquiño pacifista que decia "adeus ás armas" a xuiza non ve nengun tipo de delito, mesmo reivindica todo o noso dereito nunha declaración demoledora en contra das mentiras de estre proceso.


Somos libres, ainda que sempre o fumos, creo que todos gañamos algo de dignidade, pero sen todos vos, ecoloxistas, ongd,s, pacifistas, xente do comercio xusto, cidadans, mozas, mozos, educadores, avogados, medios de comunicación, xornalistas…. nada sería posible, por todo eso grazas, grazas, grazas….. agora só nos queda ESIXIR QUE NOS DEVOLVAN A CARAUTA DO PORQUIÑO E O CARTAZ DE !ADEUS ÁS ARMAS! RETIDO NO XULGADO, con esto e en nome de todos seguiremos de escola en escola, dende O Bierzo a Fisterra, de Toén a Ribadeo, de Viana do Castelo a Tapia de Casariego EDUCANDO OS NENOS NO !ADEUS ÁS ARMAS!

apertas anxo (o porco pacifista)

p-d: faran o mesmo cos membros do PP que asaltaron o parlamento? tentaran amargarlles a sua vida e traerlle problemas coas suas familias o longo de dous anos e medio? a resposta non a atoparedes na lectura da Constitución nen na Declaración dos Dereitos Humanos que se celebra a proxima semana, non temos todos os mesmos dereitos, seguro de todo.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/12/02/o-porco-pacifista/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here