19/12/ 2005

A “APDR” presenta alegacións contra o ramal de gas natural a “CELULOSAS”.

A "Asociación Pola Defensa da Ría" ven de presentar diante da "Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas" da "Consellería de Innovación e Industria" as súas alegacións contrarias á resolución de 4 de novembro de 2005, pola que a antedita Dirección Xeral somete a exposición pública a solicitude de autorización administrativa, recoñecemento da utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do "Ramal APB (Transporte Secundario) Pontevedra – Marín – Bueu – Cangas, provincia de Pontevedra, promovido por Gas Natural SDG, S.A.", proxecto que foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o pasado 29 de novembro.


Recorda a APDR que este proxecto escomenzou a súa tramitación no ano 2000, e que desde aquela ten sufrido importantes modificacións, mesmo no que fai á súa denominación; en efecto, daquela figuraba no título unha referencia expresa a ENCE (chamábase "ENCE-Ramal de O Morrazo"), referencia que ten desaparecido agora por máis que se trate do mesmo proxecto, que sigue recollendo no seu epígrafe "Características das Instalacións" que – entre outras – ten a finalidade de "subministración de gas natural á empresa ENCE….", á que se pretende facer chegar unha acometida de 317 m de lonxitude e 4" de diámetro.

Neste sentido, ao ser ENCE unha empresa de titulariedade privada, a APDR entende que non cabe o recoñecemento da utilidade pública no que fai ao ramal de acometida á citada instalación industrial. Non se pode esquencer ademáis que estamos a falar dunha empresa condenada en novembro de 2002 pola comisión dun "delicto ecolóxico continuado", que afecta negativamente ao medioambiente, aos recursos naturais, á economía da bisbarra e mesmo á saúde e calidade de vida das persoas que habitamos nesta zona, nen que foron estas razóns as que levaron ás distintas administracións públicas a prantexarse a necesidade de impedir a presencia da citada empresa na súa actual ubicación, mesmo adiantando a data de caducidade da mesma, fixada pola Lei de Costas no ano 2018. O propio acordo programático do goberno da actual Xunta de Galicia, no que se aposta nesta mesma dirección, debera facer que fora a propia administración autonómica quen dera o paso de desaprobar a construción do ramal de gas solicitado, un ramal que – agás que o goberno galego incumpra os seus acordos – había de estar ben pouco tempo en funcionamento, o que non se xustificaría desde o punto de vista social.

Con independencia do ata agora exposto, para a APDR o proxecto, na súa concepción global, debe de se modificar en varios aspectos; en primeiro lugar, o proxecto sometido a información pública carece dun estudo de impacto ambiental, un aspecto que consideramos preceptivo; doutra banda, e tendo en conta o trazado que se ten presentado, o proxecto afecta moi negativamente ás persoas e ás súas propiedades, pois vai supor un bó número de expropiacións, que se poderían ter evitado de ter proposto un trazado alternativo no que se deberan reducir os tramos de afectación a particulares promovendo o paso das instalacións por viais de titulariedade pública. Neste sentido, a APDR quere expresar o seu apoio a todas aquelas comunidades veciñais afectadas por este proxecto, e dun xeito particular á "Asociación de Veciños de Salcedo" que ten expresado publicamente a súa preocupación pola afectación na parroquia.

Xa por último, a APDR (que solicita a retirada e modificación do proxecto), solicita da Dirección Xeral que considere á asociación ecoloxísta como parte interesada neste particular dándolle conta de cantas actuacións poidera dar lugar o expedente.

Referencias na prensa
La APDR pide la retirada y modificación del proyecto del ramal del gas.La Voz 20/12/2005
La Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra solicita la retirada y modificación del proyecto "Ramal" de Gas Natural [AGN 19/12/2005 20:14]

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/12/19/p63/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here