24/12/ 2005

Urbanismo en Cangas, ilegal para costas

1) Respecto do PXOM e os Convenios:

Queremos comentar a actitude do actual alcalde de Cangas Sr. Sotelo ante a redacción, pendente dende o 7 de Abril, xa oito meses, dun novo Plan Xeral: está a dala imaxe dun elefante perdido nunha cristalería, movendose adiante e atrás sen recoñecer xa o que é un cristal, un espello ou onde está o paso libre, tal é a cantidade de falsedades e indefinicións nas que se atopa perdido.

Quere intentar ainda a vía de modificar o impresentable documento de Arteplan coas alegacións e seguir colando uns convenios que xa se están poñendo como exemplos de urbanización salvaxe da costa galega.

Argumenta contra as alegacións presentadas ao regulamento do Consello Sectorial de Urbanismo nomendo un informe do Secretario do Concello que lamentablemente esqueceu levar o día en que se trataba o tema.

Recoñece o estado desastroso do Catastro rústico, pero non fai nada para solicitar a súa revisión.

Négase a anular os convenios da única forma que tería garantías para os veciños: devolver os cartos recibidos e anular o chantaxe que a día de hoxe supoñen.

Quere iniciar a discusión dun novo Plan por zonas, metendo aos veciños en discusións por un metro mais ou menos de vial, mentras as liñas xerales do Plan que pretende seguen sendo aberrantes, sin infraestructuras nin saneamento para a o número de vivendas previsto e continuando coa política de venda de Cangas ao mellor postor.

Dende o Foro queremos facer público que seguimos a recibir contestacións ás nosas demandas perante a administración. Neste caso refírese á contestación da Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente, na que con toda claridade se apunta a diversas ilegalidades que aparecen no convenio de Massó asinado polo Alcalde e Frigoríficos do Morrazo, relacionadas coa inclusión no mesmo de bens de Dominio Público Marítimo Terrestre, onde non acatan as limitacións que pesan sobre os terreos afectados pola lei de costas, clasificanse como solo urbanizable ou urbano non consolidado “cuantiosas extensións de solo rústico”, e saltanse o “límite de edificabilidade que se lle outorga ós terreos situados na zona de influenza da ribeira do mar”; ademáis, apunta outras obrigas de servidumes para as zonas residenciais de vivendas e Hotel.

Pese a este éxito, o Foro Social ven de solicitarlle a esta dirección xeral de costas que se pronuncien sobre outros aspectos dos convenios asinados polo concello sobre os que están esquivando pronunciarse.

Claramente os convenios asinados polo Alcalde adolecen de graves irregularidades dende o punto de vista legal, polo que a obstinación do Sr. Sotelo por mantelos só se pode entender como un trato de favor cara a intereses concretos. Dende o concello tentan permitirlle ós amigos o que despois lle prohiben a calquer veciño (porque a lei non llo permite). Este doble raseiro é unha clara prevaricación do alcalde, os concelleiros, os técnicos e os funcionarios municipais que o permiten.

 

2) Respecto do Porto Deportivo

Non se entende a multitude de intervencións do Sr. Sotelo aparecidas na prensa relativas ó porto deportivo, xa que nos plenos se limita a dicir que é un tema no que o Concello non ten competencias. Dende o foro lembrámoslle ós Señores Sotelo, Abel Caballero e Ubaldino Rodríguez, que as actuacións delictivas en dominio público NON prescriben, polo que poderán denunciarse por vía penal (e conlevan penas de prisión) por moitos anos que teñan transcorrido.

A “transparencia” pregonada polo Sr. Caballero e só para a prensa, posto que parece que é reticente a entrega dun informe jurídico que explícitamente manifeste a legalidade ou ilegalidade na tramitación e conseguinte construcción do porto deportivo e do Informe de Impacto Ambiental ao Tribunal de Xusticia de Galicia, tal como declara o abogado da Confraría. Xa dixeramos nos que o documento non presentaba rexisto de entrada algún e sempre dubidamos de que estuvera a exposición pública algunha vez.

As nosas felicitacións tamén a Confraría por conseguir levar adiante a denuncia por delito ecolóxico pese a inaudita oposición de algún xuiz.

 

3) Recomendacións xerais

E temos que expresarlle ao Sr. Sotelo que se ten algo que aportar respecto ó porto deportivo, plan xeral, etc., que o poña enriba da mesa, pero que se absteña de dicir tonterías como a de que presentemos denuncias na NASA. Que non lle caiba ningunha dúbida de que se a NASA tivese competencias en Cangas acudiriamos a ela coas denuncias que fosen pertinentes, que para iso estamos nun estado de dereito, mal que lle pese. Pola contra, que o Sr. Alcalde, funcionarios, promotores, directores de obra, etc. se preocupen do cumprimento das leis, pola banda que lles toca, en especial daquelas que o código penal indican como condenables con inhabilitación e penas de cadea (como o formigonado sen autorización dun carril bici en dominio público nunha praia ou as alteracións de bens catalogados como patrimonio entre os que se inclúe o PEPRI), xa que estes delitos non prescriben e poderán ser xulgados por eles mentres vivan. Non hai présa. Canto máis delito, máis condena e máis cadea. Pedímolle tamén as novas autoridades da Xunta que actúen en Cangas no respecto da legalidade, e nos fagan sentir realmente nunha época nova e non nunha continuación con outras cores da época Fraga.

Tamén pregamolle ao pobo de Cangas que non baixe a garda, que non se deixe enganar por benefícios a curto prazo e que siga a traballar por un futuro mellor, con traballo e calidade de vida para todos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/12/24/urbanismo-en-cangas-ilegal-para-costas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here