29/12/ 2005

Cinco meses esperando resposta de Portos de Galicia

Filed under: Litoral

Luita Verde denuncia a falla de resposta legal e por escrito do Ente público Portos de Galicia ás alegacións formuladas xa hai máis de 5 meses por este colectivo ecoloxista máis outras individuais á Proposta de actuación para a construcción dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Bueu. Luita Verde denuncia asimesmo que sin ter resposta oficial deste Ente mentras tanto o seu novo presidente, Vicente Irisarri, accede a reunirse cunha plataforma a favor dese porto deportivo, prestándose ó seu xogo mediático e especulativo.

Luita Verde lembra que o 25 de xuño e dentro dos plazos regulamentarios establecidos apresentou 15 alegacións á proposta de contrucción dun dique de abrigo de 101.5 metros e dun contradique de 100 metros de lonxitude, que suporía ademáis o recheo para unha explanada de servicios de 18.159 m2 , cun volume de dragado de 13.159 m3 e a ocupación de 51.800 m2 de lámina de auga para 433 postos de amarre, solicitando finalmente a anulación desta Proposta de actuación debido ás diversas omisións, irregularidades e defectos de redactado e información espostas nas memorias e cartografía do estudio básico, como polos graves e irreversíbeis prexuicios sociais e medioambientais ós que se exporía a zona de actuación e asimesmo se solicitou a eliminación da ampliación do dique portuario construído a finais da década pasada como alternativa real e efectiva de recuperación física da praia de Pescadoira. Desta última solicitude debe partirse cara a calquera proposta de actuación na zona, xa que senón se estaría mentindo con falsas propostas de recuperación de Pescadoira e se caería unha vez máis en “saco roto”, como desgraciadamente se estivo xogando políticamente por parte do concello de Bueu e da Xunta de Galicia estes últimos anos, onde se deixou deliberadamente que se fora degradando o lugar, limitándose simplemente a “remendar o descosido”, ou sexa o arranxo puntual da caída dos muros de contención que quedaron desnudos de area nas súas cimentacións trala ampliación do dique portuario, feito este que se agravaría en sobremaneira si se chega a construír o porto deportivo proposto, xa que este xustapoñeríase por enriba da ampliación actual e deixaría unha bocana de entrada mínima, cubrindo cos seus diques todo o frente marítimo, cortando na sua totalidade as corrientes mariñas, e ocuparía e faría desaparecer metros de praia cos recheos, convertindo asimesmo a zona nunha cloaca.

Luita Verde denuncia que o estudio básico das instalacións obviou o estudio das comunidades biolóxicas de fauna e flora bentónicas e por consecuencia dos recursos naturais que puideran verse afectados, de vital importancia para a pesca e o marisqueo, asimesmo que o porto deportivo proposto pasaría a ter unha capacidade do 500% máis do actual de amarres do concello, feito que nunca se correspondería con semellante crecemento demográfico no concelo de Bueu no mesmo intervalo de tempo e que os seus futuros usuarios/as non suporían apenas beneficios para o comercio, a hostalería e a pequena e mediana empresa locais, por canto a maior parte destes servicios xa os mercarían dentro propias intalacións náutico-deportivas, onde estaría o edificio de servicios con espacio para capitanía, vestiarios, aula de vela, locais comerciais, cafetería e restaurante, tenda náutica, lavandería e aparcamento para coches, de beneficio privado en dominio público marítimo-terrestre, como prevé a propia Proposta de actuación das susoditas instalacións náutico-deportivas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2005/12/29/luita-verde-cinco-meses-esperando-resposta-de-portos-de-galicia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here