A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), en colaboración coa Federación Ecoloxista Galega (FEG), a Asemblea de Suído, a Plataforma pola Defensa do Ulla, a Plataforma contra o Viaduto de Outes, a asociación SOS Courel e demais colectivos de afectados/as, queremos facer chegar ata o Presidente da Xunta, para que dea traslado ao goberno, e especialmente a aqueles departamentos con implicacións ambientais, a necesidade de incorporar urxentemente unha nova cultura ambiental na liña do compromiso responsable e de cambio adquirido diante da cidadanía polo novo goberno. Porén, queremos lembrarlle a necesidade urxente e inmediata de que os nosos espazos naturais, nomeadamente os incluídos na Rede Natura 2000 ou merecentes de facer parte dela, acaden xa unha protección efectiva fronte ás múltiples agresións e ameazas de que están a ser obxecto.
(more…)