A Consellería de Cultura prohibe, o concello de Moaña continúa as obras
Luita Verde denunciou, o 16 de decembro de 2005 no concello de Moaña e na Delegación Provincial da Consellería de Cultura de Pontevedra a traveso do Portelo único, que no lugar de Quintela estanse a realizar unhas obras de construcción de vivendas que afectan directamente no xacemento Castro dos Ladrados, declarado e inscrito no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia co rexistro GA36029016 e recollido nas NN.SS. do Concello de Moaña sen que conste a pertinente autorización do Servicio de Patrimonio desa Delegación Provincial.
0 29 de Decembro, previo informe dunha arqueóloga que visitou o lugar o día anterior, a Delegación Provincial da Consellería de Cultura envía un Fax ó alcalde do concello de Moaña ordenando a paralización inmediata das obras pola empresa Construcción y Promoción de Viviendas Cordeiro S.L., por Infracción grave, dado a falla de autorización para as mesmas por parte deste Organismo. A día do 11 de xaneiro do 2006 operarios e vehículos de carga da citada empresa seguen traballando no lugar facendo caso omiso da paralización das obras.
Infraccións graves segundo o artigo 91. j da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia 8/1995 de 30 de outubro son o "outorgamento de licencias municipais sen a autorización preceptiva da Consellería de Cultura para obras en bens declarados ou catalogados incluídos ou no seu contorno". No artigo 94.d cita entre os responsables "os funcionarios ou responsables das administración públicas que por acción ou omisión permitan as infraccións" e segundo o artigo 95.2 a sanción por Infraccións graves é de 60.000 Euros ata os 150.000 Euros.
Luita Verde denunciou, o 16 de decembro de 2005 no concello de Moaña e na Delegación Provincial da Consellería de Cultura de Pontevedra a traveso do Portelo único, que no luA licencia de obra municipal sen a correspondente autorización da Consellería de Cultura a concedeu a anterior corporación municipal gobernada polo PP, con Javier Barreiro de alcalde, pero as obras se están a levar a cabo baixo a actual corporación municipal gobernada por BNG?PSOE?Inmo, onde tanto o alcalde, X.M. Millán, como o concellal de Urbanismo, Euloxio Santos Leites, están a permitir unha obra ilegal e baixo orden de paralización nun xacemento arqueolóxico catalogado e protexido e a sabendas de que está incluído como Ben de Interese Cultural no catálogo das propias Normas Subsidiarias municipais do Concello de Moaña. Luita Verde esixirá responsabilidades e solicitará sancións penais contra os funcionarios responsables por este grave delicto contra o patrimonio histórico e cultural.
