“Protexamos a Serra do Suído. Non aos cemiterios eólicos. Fóra canteiras do Suído”
Mércores 25 de xaneiro ás 12:00 horas na Federación de Asociacións de Veciños de Vigo “Eduardo Chao”, Praza da Princesa nº 7, Vigo
Con este acto queremos demandar unha vez máis, unha figura de protección legal para un dos espazos de media montaña máis importantes de Galiza, a Serra do Suído (situada nos concellos da Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Avión e Beariz), xa que está exposta a múltiples actuacións que poñen en serio perigo a conservación dos importantes valores naturais, paisaxísticos e culturais que posúe
