Actividade mensual aberta, xaneiro 2006: Introdución ao “digiscoping”
O “ digiscoping” consiste en fotografar aves a distancia cunha cámara dixital acoplada a un telescopio terrestre. Conseguimos un gran alcance sen molestalas.
O sábado 28 de xaneiro, ás 11:00 da mañá, asistiremos a unha sesión de fotografía da man dun especialista na Illa de Arousa. Leva a túa cámara ou telescopio, o que teñas, e veremos como conseguir os mellores resultados.
ACTIVIDADE ABERTA E GRATUÍTA • NON É PRECISO SER SOCIO
