25/01/ 2006

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licencia municipal de obra para construir a central de ciclo de combinado

Filed under: Enerxía

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licenza municipal de obra para construír a central de ciclo de combinado O alcalde do concello de As Pontes ten a competencia na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. A lexislación establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central sitúa as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes polo que estre proxecto queda claramente invalidado. Cremos por tanto que preservando a saúde dos ponteses e pontesas así como o entorno no que se proxecta a central, non se debe conceder a licenza municipal de obra, debese esixir a retirada do proxecto.

(more…)

Os ecoloxistas piden a revisión do plan sectorial eólico e solicitan unha entrevista co conselleiro de industria sobre o mesmo.

Filed under: Enerxía, Eólicas

Onte recollían os medios de comunicación unhas declaracións da Consellería de Industria anunciando que nos próximos tres meses se poderían adxudicar 2.500 Mw máis de potencia eólica en Galiza. Ante estas previsións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) queren expresar a súa inquietude, por canto aínda non se ten avanzado nada na definición do correspondente plan Sectorial Eólico nin tampouco no respecta á exclusión dos espazos da Rede Natura e demais espazos protexidos: a adxudicación agora desta potencia non cabe dubida que pode comprometer aos poucos espazos protexidos exentos hoxe destas infraestruturas.

(more…)

A PROPÓSITO DE TOURIÑÁN

Filed under: Augas e Ríos

As diversas formas de "dinamitar" (no canto de dinamizar)o litoral galego. Cabo Touriñán: ¿PAISAXE E PATRIMONIO MILENARIO DA COSTA DA MORTE E DA EUROPA ATLÁNTICA ou PROPIEDADE PRIVADA SUSCEPTIBLE DE SER DESTRUÍDA AO PREZO DUN EURO O METRO CADRADO? A Galicia que pediu o cambio desexa ver entre outras cuestións como mudan as políticas de xestión e planificación de desenvolvemento para o noso litoral. A responsabilidade neste eido debe ser unha acción urxente, que conte coa integración do seu patrimonio natural, paisaxístico e cultural coma unha prioridade.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here