25/01/ 2006

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licencia municipal de obra para construir a central de ciclo de combinado

Filed under: Enerxía

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas oponse a que Endesa obteña a licenza municipal de obra para construír a central de ciclo de combinado O alcalde do concello de As Pontes ten a competencia na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. A lexislación establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central sitúa as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes polo que estre proxecto queda claramente invalidado. Cremos por tanto que preservando a saúde dos ponteses e pontesas así como o entorno no que se proxecta a central, non se debe conceder a licenza municipal de obra, debese esixir a retirada do proxecto.

Xa hai dous anos saía a exposición pública o proxecto da central de ciclo combinado de As Pontes. O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas no seu afán por adquirir un medio de calidade, e protexe-los valores ambientais que son patrimonio de tódolos ponteses, presentou unha serie de alegacións a dito proxecto que de non ser modificado sería un perigo para o entorno natural e a saúde dos ponteses.

As emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millos de toneladas, presentar isto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Kyoto non esta a conseguir a redución de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxectada, xa que a produción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto o fixado no protocolo de Kyoto, xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.

A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que o reagruparse forman a choiva. Así, os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O resultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais

Dende Guerrilleiros das Fragas consideramos os argumentos expostos suficientes para opoñernos o proxecto redactado para instalación desta central térmica, que non a instalación dunha industria deste tipo sempre e cando se respecte o medio ambiente e a saúde da cidadanía.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/01/25/o-grupo-ecoloxista-guerrilleiros-das-fragas-oponse-a-que-endesa-obtena-a-licencia-municipal-de-obra-para-construir-a-central-de-ciclo-de-combinado/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here