(more…)
O sábado 25 de febreiro ás 10:30 da mañá, asistiremos a unha observación das aves da enseada do Vao con axuda de telescopios e guías. Se tes prismáticos ou telescopio, non deixes de levalo
O Parlamento Galego aprobou en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos e dos ecosistemas fluviais defendida por Daniel Vispo, en representación de todos os colectivos que promoveron esta iniciativa.
Logo de 18 anos de denunciar na súa provincia, Pontevedra, á empresa papeleira española ENCE por contaminación, foi esa mesma pelexa a que trouxo a Antón Masa, por primeira vez, deste lado do océano Atlántico.
Esta figura internacional baseada no programa “Home e Biosfera” da UNESCO, que se fundamenta na promoción dunha relación equilibrada entre os seres humanos e a biosfera, a conservación da diversidade biolóxica e o uso sostible dos compoñentes dos sistemas naturais, ademais de acoller as Illas Atlánticas como zona núcleo, reservada para a conservación a longo prazo de especies e ecosistemas, podería integrar no seu seno como zonas tampón importantes espazos naturais como os espazos Rede Natura 2000….
PROPOSICIÓN DE LEI DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A PROTECCIÓN, CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RÍOS GALEGOS
(more…)
A Federación Ecoloxista Galega mostra a súa profunda indignación polo macabro suceso relacionado coa aparición de tres lobos decapitados en Rodeiro, tratándose dun acto delitivo moi grave contra a fauna salvaxe e que pon en evidencia a debilidade dos mecanismos establecidos para o fomento do respecto á fauna e medio natural en xeral.


Amigos da Terra, a FEG (Federación Ecoloxista Galega), o Clube UNESCO O Ribeiro, o Centro de Estudios Medievais e Ridimoas xuntáronse de novo o 8 de febreiro na Casa dos Condes de Ribadavia.
A FEG denuncia o inicio de tramitación para un novo parque eólico en Rede Natura 2000. O DOGA de hoxe faise eco dun anuncio da Delegación provincial de Industria de A Coruña pola que se solicita un novo parque eólico baixo a denominación de “Muxía 1º fase” promovido pola empresa Desarrollos Eólicos S.A con domicilio social en Sevilla, concibido para o entorno inmediato ao Cabo Touriñán e afectando un treito do LIC “Costa da Morte”.
A entrada do bipartito ao goberno da Xunta no xuño pasado deixou no aire o desenvolvemento e implantación do novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2004-2010. Este plan foi duramente criticado polos ecoloxistas xa que supuña unha continuidade na política de incineración no noso país (adicábanse 15 millóns de € para a construcción dunha nova incineradora) e incumplía no caso da compostaxe os obxectivos marcados polo Plan Nacional de Residuos español.
A “Asociación Pola Defensa da Ría” ven de solicitar diante de “Augas de Galicia” (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia) os datos de vertido da empresa ENCE correspondentes ao ano 2005, tanto no que fai a aquelas mostras tomadas á saída da fábrica (con anterioridade á entrada no emisario submariño) como dos controis realizados sobre o medio receptor e sobre os organismos zoobentónicos, os moluscos e os sedimentos da Ría, controis todos eles aos que están obrigados de acordo co establecido na autorización de vertido do 9 de xullo de 2003.
Nos dous días de andaina por San Mamede emboscaremonos nesta serra mítica, chea de lendas e de historia (homes lobo, refuxio de guerrilleiros, fadas, trasnos, carboeiros…).
A importante productora do audiovisual, Arredemo-tv, con títulos coñecidos como Hai que Botalos (HqB), ven de colgar na rede a súa última producción S.O.S Touriñán.No microfilme poderedes contemplar a inpagabel paisaxe do cabo Touriñán, pagada e comprada por Pescanova a prezo de ganga para chantarnos a piscifactoría de rodaballo "máis grande do mundo", expresión hiperbólica só comparable ao impacto ambiental que vai supor o proxecto na Costa da Morte.
Para poder baixar o microfilme, premede na imaxe.
Comeza deste xeito a se perfilar a campaña de colectivos sociais e ecoloxistas que se está a preparar para informar aos cidadáns e sensibilizalos perante esta triple ameaza ecolóxica, económica e cultural.
Na páxina www.arredemo.net/sostourinham/, irase informando, poderase aportar ideas e participar nas accións que se leven a cabo.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here