02/02/ 2006

II Andaina pola Defensa do Bidueiral de Monderramo

Nos dous días de andaina por San Mamede emboscaremonos nesta serra mítica, chea de lendas e de historia (homes lobo, refuxio de guerrilleiros, fadas, trasnos, carboeiros…).


Poderemos observar boas e máis prácticas nos ecosistemas que acolle a serra, o efecto pernicioso de lumes continuados, proliferación de pistas forestais, erosión, construcións de todo tipo… Introducirémonos na fraga mellor conservada da provincia de Ourense, "o Bidueiral de Montederramo", ecosistema que corre o risco de desaparecer por unha irracional "explotación cinexética intensiva".

Salvemos o Bidueiral!!
Horario:
Sábado 11 10:00 h.
Saída de Ourense en autobús dende o Parque San Lázaro.

11:30 h. Rebordechao (Vilar de Barrio). visita ao lugar e o seu conxunto etnográfico (forxa, forno, muiño, taberna…).

13:00 h. Rebordechao – As Corcerizas (Serra de San Mamede). Nas Corcerizas coñeceremos a realidade das enerxías renovables e da bioconstrucción (todo o centro funciona baixo estes criterios sustentables).

20:00 h. Cea no Albergue das Corcerizas con xogos, música, contacontos, queimada, sorpresas… (Dormimos no albergue) Hai auga quente, litera. Só precisas levar saco de durmir, toallas e chanclas.

Domingo 12
09:00 h. Almorzo.

10:00 h. As Corcerizas – Fonte do Santo – Bidueiral de Montederramo.

13:30 h. Xantar no Bidueiral (merendeiro do Campo do Casal).

15:30 h. Campo do Casal – A Mogainza (Montederramo).

17:30 h. Volta en autobús dende A Mogainza cara Ourense Dificuldade: media-baixa.

Consellos:
calzado cómodo, roupa de abrigo, impermeable por se chove, algo de comida para o roteiro do sábado. Non esquezas o saco de durmir, cámara de fotos, video (imos a facer unha exposición sobre a situación deste ecosistema e sobre a andaina).

Prezo da viaxe en autobús dende Ourense (ida e volta), cea, almorzo, xantar, albergue e as actividades programadas para os dous días 35€ Actividades un só día 10€.

Ingreso da inscrición antes do día 7 de febreiro na conta:
Caixa Galicia 2091 0450 41 3040043331 concepto: CDMG "nome da persoa que fai a reserva".

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2006 como "Ano Internacional dos Desertos e a Desertificación" como parte de accións para incrementar a conciencia da cidadanía para evitar os problemas ambientais que sigan facendo avanzar a desertificación. Hoxe tristemente aínda non nos decatamos que estamos a ser afectados directamente por actuacións neglixentes (incendios, contaminación, uso abusivo do solo, explotación irracional de recursos…).

É preciso realizar esforzos comúns para evitar unha agonía anunciada. "Pensa globalmente, actúa localmente" É preciso entón:
A implicación das Administracións Públicas na recuperación – restauración e conservación deste Espazo Natural.

Trocar a localización da explotación cinexética do Bidueiral de Montederramo. Restauración dos estragos xa producidos e a determinación de responsabilidades. Declarar o Macizo Central Ourensán como Parque Natural, no que o Bidueiral de Montederramo sexa declarado Reserva Integral.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/02/ii-andaina-pola-defensa-do-bidueiral-de-monderramo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here