06/02/ 2006

Novo Plan de residuos sen diálogo social?

Filed under: Residuos, Denuncia

O Director Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental aínda non recibiu aos ecoloxistas.
A entrada do bipartito ao goberno da Xunta no xuño pasado deixou no aire o desenvolvemento e implantación do novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2004-2010. Este plan foi duramente criticado polos ecoloxistas xa que supuña unha continuidade na política de incineración no noso país (adicábanse 15 millóns de € para a construcción dunha nova incineradora) e incumplía no caso da compostaxe os obxectivos marcados polo Plan Nacional de Residuos español.


Aliás, nos últimos meses, véñense publicando na prensa declaracións do conselleiro de medio ambiente relativas á xestión dos residuos nas que non se aclara cal vai ser o futuro de SOGAMA ou a aposta do goberno bipartito pola compostaxe…

Co obxectivo de ser informados das futuras actuacións da Consellería de Medio Ambiente en relación ao lixo e aportar novos puntos que contribúan a unha xestión dos residuos sostíbel, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) ten solicitado en dúas ocasións (a primeira en outubro de 2005) manter entrevistas con Joaquín Buergo, Director Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, sen que até o dagora houbese resposta.

A FEG non valorarían positivamente un Plan de Residuos elaborado dun xeito tecnocrático, sen que se fomentase a participación da sociedade civil e especialmente dos colectivos ecoloxistas, que levan moitos anos traballando por unha xestión dos residuos responsábel e xusta.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/06/novo-plan-de-residuos-sen-dialogo-social/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here