A “APDR” solicita os datos de vertido de “ENCE” correspondentes ao ano 2005.
A “Asociación Pola Defensa da Ría” ven de solicitar diante de “Augas de Galicia” (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia) os datos de vertido da empresa ENCE correspondentes ao ano 2005, tanto no que fai a aquelas mostras tomadas á saída da fábrica (con anterioridade á entrada no emisario submariño) como dos controis realizados sobre o medio receptor e sobre os organismos zoobentónicos, os moluscos e os sedimentos da Ría, controis todos eles aos que están obrigados de acordo co establecido na autorización de vertido do 9 de xullo de 2003.Na citada solicitude, que foi entregada no rexistro da Subdelegación do Goberno en Pontevedra o pasado día 2 de febreiro, faise fincapé na necesidade de coñecer non só os valores acadados para “Demanda Química de Osíxeno” (DQO), “Demanda Biolóxica de Osíxeno” (DBO), “Sólidos en Suspensión” (SS), Fósforo total, Nitróxeno total e amoniacal, AOX, Mercurio, Cadmio, pH, Temperatura e caudal de vertido no momento de realizar a toma de mostras, senón tamén os valores correspondentes ás medias diarias e mensuais para cada un dos parámetros citados, o punto de recollida de cada unha das mostras analizadas e o laboratorio e a metodoloxía utilizada para as citadas análises.
Así mesmo, téñense solicitado tamén os datos correspondentes aos aparatos de medición en continuo que ENCE ten obriga de ter disposto para a medida do pH, a Temperatura e o caudal de vertido así como os resultados do calibrado dos citados instrumentos de control.
Para a APDR todos estes datos deben ser postos a disposición da opinión pública, que ten dereito a coñecer en todo momento cal é a incidencia destes vertidos sobre a Ría e sobre os recursos naturais que nela existen.

A ver si traballades as leiras e o monte e aprendedes, paletos, parvos e conáns. Ecoloxistas a rañala cona
Comment by Pepe — 08/07/ 2007 @ 21:02