08/02/ 2006

A Consellería de Industria inicia os trámites para a autorización dun novo parque eólico nun espacio natural protexido a pesar do anuncio da moratoria da consellería de Medio Ambiente.

A FEG denuncia o inicio de tramitación para un novo parque eólico en Rede Natura 2000. O DOGA de hoxe faise eco dun anuncio da Delegación provincial de Industria de A Coruña pola que se solicita un novo parque eólico baixo a denominación de “Muxía 1º fase” promovido pola empresa Desarrollos Eólicos S.A con domicilio social en Sevilla, concibido para o entorno inmediato ao Cabo Touriñán e afectando un treito do LIC “Costa da Morte”.


O proxecto en 1º fase contempla a construcción de 10 aeroxeradores dos cales cinco estarían dentro dos límites do espacio protexido e a menos de 300 metros dos cantís do Víseo e Moreira. Os outros cinco sitúanse fora do LIC pero inmediatos ao seu límite e a menos de 400 metros da aldea de Martineto. O treito de LIC afectado caracterízase polos seus cantís de 150 metros de altura coroando a Enseada de Cuño que se estende dende o Cabo Touriñán ate a Punta da Buitra.

A FEG considera que este parque eólico é incompatible coa preservación dos valores do lugar e que son constitutivos da especial distinción coma Espacio Natural Protexido e co disposto na Directiva de Hábitats, ó entender que danarán principalmente a “integridade paisaxística e natural do lugar” así coma a alteración de hábitats protexidos. Particularmente é de destacar que a afección paisaxística do conxunto percibirase principalmente dende unha das áreas de maior potencialidade turística pola súa paisaxe da Costa da Morte que non é outro que o cabo Touriñán, pois esta área constitúe o punto de maior recepción da cunca visual da Enseada de Cuño.

O efecto inmediato que calquera pode apreciar coa instalación dos aeroxeradores, con potencia de 1300 Kw e case 70 metros de altura, sobre a Ribeira do Vísao débese a que se produce a ocupación dun espacio en primeira liña de costa e a cabalo dunha fachada de cantís de máis de 150 metros de altura e 500 m. de longo. Polo tanto, a execución do proxecto pode desmerecer moito un enclave que precisamente destaca pola súa calidade paisaxística cun alto grado de naturalidade.

Non se entende como a estas alturas e ante o anuncio nos últimos meses do que ai ser unha revisión e incluso moratoria relacionada coa ordenación eólica en Galiza se continúen a abrir expedientes de autorización que no futuro poidan dificultar e condicionar un novo modelo de aproveitamento eólico sostible e responsable con outros recursos do territorio.

A FEG invita á Consellería de Industria e a de Medio Ambiente que poñan fin a improvisación e parcheo dun obsoleto Plan Eólico e que melloren e intensifiquen o diálogo para poñer solución a un problema que está a afectar seriamente ó patrimonio natural galego.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/08/a-conselleria-de-industria-inicia-os-tramites-para-a-autorizacion-dun-novo-parque-eolico-nun-espacio-natural-protexido-a-pesar-do-anuncio-da-moratoria-da-conselleria-de-medio-ambiente/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here