08/02/ 2006

Concentración “antipapeleiras” en solidariedade cos pobos de Arxentina e Uruguai.

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A “Asociación Pola Defensa da Ría” fai un chamamento á poboación da bisbarra pontevedresa, e dun xeito particular a todas aquelas persoas que veñen apoiando a loita contra a presencia da fábrica de ENCE na nosa Ría, a expresar a súa solidariedade cos pobos de Arxentina e Uruguai asistindo este SÁBADO DÍA 11 ás 12 da mañán, á CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONSULADO URUGUAIO EN VIGO (Marqués de Valladares 35) convocada pola recentemente creada “PLATAFORMA SOLIDARIA CO MOVEMENTO ANTIPAPELEIRAS NO RIO URUGUAI”, plataforma da que forma parte a propria APDR.


Resulta absolutamente necesario que aquelas persoas que estamos a loitar pola recuperación da Ría e contra da presencia de ENCE en Lourizán, amosemos o noso apoio aos pobos de Fray Bentos (Uruguai) e Gualeguaychú (Arxentina) que loitan para non se repita alí unha situación como a que nós vimos sufrindo desde hai xa demasiado tempo na Ría de Pontevedra.

Como aquí, alí ENCE e a finlandesa BOTNIA rematarán por contaminar a zona destruindo a súa riqueza, o seu medio de vida, que non é outro que a explotación racional dos recursos naturais que aporta o rio Uruguai, da explotación racional das súas potencialidades forestais e, de forma particular, do turismo, pois non se pode esquencer que se trata dunha zona autenticamente privilexiada para o turismo, onde a paisaxe, o clima e a existencia de balnearios e infraestructuras hoteleiras fai desplazar a milleiros de persoas para pasar alí as súas vacacións.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/08/p96/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here