10/02/ 2006

A próxima reunión en torno ó problema de Pena Corneira será o 22 de Febrero

Amigos da Terra, a FEG (Federación Ecoloxista Galega), o Clube UNESCO O Ribeiro, o Centro de Estudios Medievais e Ridimoas xuntáronse de novo o 8 de febreiro na Casa dos Condes de Ribadavia.


Nesta reunión acordáronse varios puntos:
* A entrevista co persoal da UNESCO terá lugar o xoves pola tarde aproveitando a presenza do Secretario Xeral da Comisión Española da UNESCO e o Embaixador Adxunto de España na UNESCO en París Se lle presentará un informe da situación da zona, precedido dun pequeno resumo da información aportada. O obxectivo é coñecer a postura da organización e o modo en que poidamos traballar en común para protexer a zona.

* A andaina-roteiro pola zona queda fixada para o sábado 6 de maio, xa que así aproveitarase a estancia de Salomon Kroonenberg en Ribadavia. Salomon, Catedrático de Xeoloxía do Departamento de Ciencias Aplicadas da Universidade Tecnolóxica de Delft (Holanda), quen levou a cabo numerosos estudos dende hai xa 30 anos e defendeu sempre a necesidade de protexer este espazo polo patrimonio xeolóxico único no mundo que posúe. A presenza de Salomon no roteiro supón a participación dun guía de excepción xa que o seu coñecemento da zona é moi profundo.

* A seguinte reunión queda para o mércores 22 de febreiro ás 20:30 no mesmo lugar, co obxecto de por en común o que se fale coa xente da Unesco.

Se convida a esta reunión ademais, a calquera outra asociación ou particular interesado a participar na reunión.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/10/a-proxima-reunion-en-torno-o-problema-de-pena-corneira-sera-o-22-de-febrero/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here