21/02/ 2006

O Parlamento di si á ILP

Filed under: Augas e Ríos

O Parlamento Galego aprobou en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos e dos ecosistemas fluviais defendida por Daniel Vispo, en representación de todos os colectivos que promoveron esta iniciativa.


Con isto, o parlamento deberá constituír unha mesa, para converter esta iniciativa, nun lexislativo que será, se non se atranca, na segunda iniciativa popular en converterse en Lei. Poucas sorpresas houbo no pleno, todos realizaron unha intervención a favor da Iniciativa Lexislativa Popular

¿TODOS? TODOS NON. Pese ás declaracións de José Manuel Barreiro nas que manifestou “o compromiso e a responsabilidade política de secundar la iniciativa”, e grupo parlamentario do PP cando se reuniu cunha representación da Promotora na que comentaron o seu apoio non a apoiaron.

Quizá por iso, non interveu o sr. Barreiro e tocoulle a Jaime Castiñeiras en defender a postura contraria a considerada con anterioridade polo PP. Castiñeiras lembrou que xa había lexislación suficiente e que sería redundar co que xa hai. Lémbranse agora dunha lexislación que non se cumpriu nas épocas de goberno.

Lémbranse dunha Directiva Europea que non se asumiu no seu momento.

Lembrarse polos dereitos regalados ás empresas (pero non os da sociedade xeral) ou trapos sucios (estratexia do ventilador e merda para todos) foron outros argumentos do Deputado para encher o tempo.

A Votación: 38 a favor, 35 en contra e 0 abstencións (alúmenos non deixou indiferente a ninguén) a ILP seguirá cos trámites parlamentarios). Trámites no que hai o compromiso de que se contará coa promotora para seguir traballando. Que así sexa.

Ao final, prensa, políticos, representantes de asociacións da iniciativa formaban os típicos corrillos para as declaracións, as fotos, as negociación, algún reproche, etc. é un café e máis conversas.

Este é o final dunha fase (8 anos según a Opinión), e queda inaugurada outra na que o esquecemento pode ser o maior perigo para esta iniciativa.

E o relatorio? mellor que contalo, queda a disposición de todos premendo Aquí.

Queda inaugurada a décimo segunda ILP desta era autonómica, das que eu lembre tres por iniciativa ecoloxista, outros co mellor memoria o confirmarán.

Relatorio do Conselleiro de Medio Ambiente

Que di a prensa
Galicia Hoxe A Opinión

Outros quedaronse con outros detalles La Voz de Galicia El Correo Gallego E outros o dirán Mañan
A Voz sacou tamén esta e esta No Faro de Vigo

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/02/21/o-parlamento-di-si-a-ilp/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here