Os ecoloxistas galegos escollen ás Fragas do Eume para explicar a contribución de Galiza cara o mantemento da biodiversidade na Conferencia Virtual Curitiba sobre a diversidade biolóxica.
O organismo do Convenio Sobre a Diversidade Biolóxica dependente do programa Onu para o Medio Ambiente cursou o 22 de febreiro unha invitación dende Montreal por medio do seu secretario executivo Dr.Ahmet Djoghlaf a ONG de todo o mundo a participar nun foro no que se contrasten as fortalezas e debilidades das distintas experiencias levadas adiante para a conservación da riqueza da variabilidade ecolóxica do planeta, a Conferencia Virtual Curitiba sobre a diversidade biolóxica, debate preparatorio do grande cumio sobre a biodiversidade a celebrar na cidade de Brasil de Curitiba o próximo mes de marzo.
(more…)
