30/03/ 2006

Inexplicables declaracións acerca da situación do oso pardo en Galicia.

Filed under: Flora e Fauna, Denuncia

Se atendemos ao exposto por técnicos responsábeis do Servizo de Conservación da Biodiversidade de la Consellería de Medio Ambiente en recentes declaracións, a situación do oso pardo en Galicia sería espléndida. Nada máis lonxe da realidade.

(more…)

Campaña “Por Unha Normativa Europea que Priorice a Prevención de Residuos, a Defensa do Medio Ambiente e a Saúde Das Persoas”

Filed under: Residuos

Entidades ecoloxistas galegas asinan a Declaración de Molins de Rei.
 

Comenzou a 30 de marzo a campaña “Por unha normativa europea que priorice a prevención de residuos, a defensa do medio ambiente e a saúde das persoas” promovida no noso país por ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega-FEG. (more…)

Por un transporte digno e efectivo no Morrazo

Filed under: Transporte

Luita Verde denuncia que a Administración Pública, Concellos, Mancomunidades e Xunta de Galicia, son as grandes culpables da lamentable situación do transporte colectivo no Morrazo, na ría de Vigo e por engadido de toda Galicia.

(more…)

Primeiros actos de S.O.S. Touriñan

ADEGA, a FEG, a BURLA NEGRA e outras asociacións e colectivos inician a campaña SOS TOURIÑÁN, destinada a preservar os valores ecolóxicos deste espazo senlleiro, ameazado pola construcción da piscifatoría máis grande do mundo nunha área que ademáis fai parte da Rede Natura 2000. Tal como ocorrera tralo Prestige, a cidadanía galega volve organizarse para denunciar que unha marea de cemento, parques eólicos, canteiras e campos de golf ameaza con destruir o millor do noso patrimonio natural e cultural.

(more…)

27/03/ 2006

Comeza a Campaña SOS Touriñán

O Martes 28, ás 12 da mañá, terá lugar na galería Sargadelos de Compostela a presentación da Campaña SOS Touriñán, impulsada por Adega, a Federación Ecoloxista Galega e Burla Negra e aberta a todos os colectivos de Galiza interesados na defensa do medioambiente e o noso patrimonio cultural. A campaña ten por finalidade informar aos cidadáns da natureza do impacto ecolóxico que suporía a construción da Piscifactoría proxectada pola multinacional Pescanova.

(more…)

20/03/ 2006

Montes galegos e a súa sustentabilidade

21 de Marzo, día Forestal Mundial. O Obradoiro Ambiental Oureol e a FEG, en colaboración co Colexio Oficial de Biólogos, Facultade de Bioloxía e o Vicerreitorado de Extensión Cultural, organiza o curso no que se trata de tocar os problemas que na actualidade afectan no sector. Durará 3 días e nun cuarto se visitará a Serra do Xistral, compendio dos problemas do monte galego.

(more…)

18/03/ 2006

Pola defensa do litoral

Filed under: Litoral

A Confraría S. Xosé de Cangas convoca unha concentración para o domingo 19 na Alameda Vella de Cangas, as 18:30 horas como protesta pola destrucción do litoral a mans de intereses especulativos. Concretamente en Cangas se quere dar vía libre a un proxecto de porto deportivo no Salgueirón que acabaría con 250.000 metros cadrados dunha importante zona marisqueira e natural.

(more…)

17/03/ 2006

Cabalos maltratados II

Denuncia presentada por LUITA VERDE ante unión Europea polo uso indiscrimando de cepos en reses mostrencas

(more…)

15/03/ 2006

Que se di na prensa en marzo:

Filed under: Prensa

    Caza e Pesca
  • Pescadores de Laza se quejan de que los cotos son insuficientes y su reparto injusto. La Región 28/3/2006
  • La pesca sin muerte duplica la presencia de aficionados en los hoteles de Carballiño. La Región 28/3/2006
    1. Contaminación
  • La Subcomisión del Prestige presentará en mayo el dictamen y las resoluciones tras 25 reuniones y 100 comparecencias. La Región 28/3/2006
  • La Xunta reclamará uno de los grandes buques anticontaminación. La Voz28/3/2006
    1. Espazos Naturais
  • El parque natural del Macizo Central incluirá siete concellos y será el más grande de Galicia. La Región 28/3/2006
    1. Flora e Fauna
  • Las protestas contra la caza de focas se saldan con el arresto de siete ecologistas. La Voz 28/3/2006
    1. Litoral
  • Medio Ambiente ha realizado 9 demoliciones para recuperar el litoral gallego. La Voz 28/3/2006
  • Sostibilidade e Cambio Climático
  • España desprecia la eficiencia energética en la construcción. La Voz 28/3/2006
  • (more…)

    Cabalos maltratados

    Luita Verde denunciou no concello de Bueu e nas Delegacións Provinciais da Consellería de Medio Ambiente e da Consellería de Medio Rural, malos tratos a cabalos e unha posible infracción urbanística no espazo Rede Natura 2000 de Udra.

    (more…)

    07/03/ 2006

    O ‘Prestige’ de todos os días

    • A contaminación arrasa a ría galega. O turismo e o marisco perigan. Os vertidos incontrolados de augas fecais e residuos industriais "anegan" un dos ecosistemas máis ricos de Galicia. Mais premendo aquí (revista interviu)

    03/03/ 2006

    Ciclo ecoloxista no Cineclube

    luns, martes e mércores moverémonos á Facultade de Bioloxía, onde realizan un ciclo que relaciona o Cinema co Medio Ambiente, en colaboración con Oureol e Coperactiva. A programación do ciclo vai como segue:

    (more…)

    02/03/ 2006

    Concello de Moaña atenta ao petrimonio cultural

    Filed under: Denuncia

    Luita Verde denunciou no Concello de Moaña e na Delegación Provincial da Consellería de Cultura de Pontevedra a afección por recheo de escombreira e apertura de camiño dentro da zona de protección do petróglifo de Pozo Garrido, nese municipio. Luita Verde Expuxo que no lugar de Reibón, parroquia de Meira, no Concello de Moaña, estanse a realizar unhas obras de recheo con terras e escombros que están a afectar á área de protección do petróglifo Pozo Garrido, declarado e inscrito no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia co rexistro (GA36029007).

    (more…)

    O novo goberno galego continúa coa destrucción ambiental de Galiza

    PSOE e BNG afondan na vía do neoliberalismo. O goberno galego dá vía libre aos proxectos eólicos e mineiros na Serra do Suído  A Xunta de Galiza aprobou os proxectos eólicos da empresa EUROVENTO, S.L. na Serra do Suído (última serra da Dorsal Galega libre de instalacións eólicas), amparándose na situación avanzada dos expedientes e na falla de protección legal do espazo (o paradoxo é que o mesmo goberno é o responsábel de dotar de protección a este lugar). Por outra banda, decenas de permisos de investigación mineira continúan vixentes, sen que o goberno se teña pronunciado sobre os mesmos.

    (more…)

    01/03/ 2006

    Mina de andalucita innegociable

    O mércores 22 de Febreiro Xose Luis Baleato Secretario Xeral da Federación Ecoloxista Galega (FEG) asistiu representando a Guerrilleir@s das Fragas-FEG (xunto a Martiño Nercellas en nome da FEG, Fins Eirexas, de ADEGA e Serafín González da SGHN) a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para tratalas posturas sobre a mina de andalucita proxectada no Monte Fontardión no Parque Natural Fragas do Eume. Nesta reunión o representante do Concello de As Pontes asegurou que: “Guerrilleir@s das Fragas-FEG consideraba que a instalación da mina de andalucita podería ser negociada coas medias compensatorias e correctoras oportunas.”, A Guerrilleir@s das Fragas-FEG preocúpalle esta afirmación, esperando que sexa froito dun mal entendido e non realizada con mala fe.

    (more…)






















    Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here