Concello de Moaña atenta ao petrimonio cultural
Así como a apertura dun camiño a uns quince ou vinte metros do mesmo. Polo exposto, Solicitou que se inspeccionen os feitos denunciados, así como si a empresa que está realizando as obras conta coa licenza municipal para a súa realización e o preceptivo informe favorable do Servizo de Patrimonio Cultural da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, por realizarse estas obras dentro da zona de protección dun Ben de Interese Cultural. De non ter ditos permisos se proceda á paralización inmediata de ditas obras e se incoe expediente sancionador ao promotor e á empresa responsable das mesmas.
Este xacemento, consistente en dúas laxes, con gravados rupestres en forma de cazoletas, zoomorfos, cruces e serpentiformes, xa foi afectado no seu contorno anteriormente pola construción do corredor de alta capacidade do Morrazo, e se ven a sumar nos últimos meses a afeccións directas por actuacións urbanísticas e sin a preceptiva autorización da consellería de Cultura noutros xacementos catalogados neste mesmo municipio (Castro dos Ladrados e asentamento de O Castillo).
