Cabalos maltratados
Expuso que "dentro dos límites do espazo da Rede Natura 2000 de Udra, atópase un picadeiro de cabalos, ademáis duns aparcamentos de nova construcción cuxa situación legal é para nós descoñecida e cando menos dubidosa". "Que en máis dunha ocasión visitantes do lugar e veciños da zona nos teñen comentado situacións de maltrato e crueldade ós animais no citado picadeiro, con feridas graves, malnutrición, etc. En concreto se nos dixo que algún dos cabalos foron arrastrados polo chan co todoterreno do dono ata a morte e que as cadeiras de montar son usadas para varios cabalos sen importar se son axeitadas para o seu tamaño, provocando o mal anclaxe da mesma e o desplazamento constante sobre o lombo do cabalo ata producir graves erosións na súa pel". "Facer constar que tanto as infraccións urbanísticas como o maltrato animal son competencia dos Concellos".
Polo exposto, Solicitou: Se realice unha inspección do citado picadeiro co fin de controlar o estado sanitario e alimenticio dos cabalos, que se verifique a existencia ou non de malos tratos sobre estes animais (sobre todo os que teñan o propietario ó seu nome), existencia ou non de controles veterinarios, estado e adecuación das instalacións ós requerimentos da Lei de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade e si as cadeiras de montar son as axeitadas para cabalos dese tamaño. Que se verifique cal é o número de cabalos pertencentes a ese negocio e se inspeccione periódicamente o seu estado e si estes animais son os mesmos ou son cambiados con frecuencia ou substituidos por outros. Se comprobe a legalidade dos apartamentos para aluguer en espazo protexido e en caso de non aterse á lei e contar con tódalas autorizacións oportunas, se inicie a apertura dun expediente sancionador e de demolición do edificado.
