30/03/ 2006

Campaña “Por Unha Normativa Europea que Priorice a Prevención de Residuos, a Defensa do Medio Ambiente e a Saúde Das Persoas”

Filed under: Residuos

Entidades ecoloxistas galegas asinan a Declaración de Molins de Rei.
 

Comenzou a 30 de marzo a campaña “Por unha normativa europea que priorice a prevención de residuos, a defensa do medio ambiente e a saúde das persoas” promovida no noso país por ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega-FEG.
 
Esta campaña xunto con outros colectivos ambientalistas do estado, nace como un apoio ás políticas de prevención da xeración de lixo da UE, políticas que no proceso actual de revisión que está a realizar a UE poden ser modificadas, levando a un retroceso nos obxectivos de prevención e reciclaxe de resíduos e unha potenciación da incineración e o verquido do lixo en Europa.
 
Un retroceso na política ambiental europea podería ter uns efectos nefastos sobre o ambiente galego, pois lembremos que Galiza, cun 10% de reciclaxe-compostaxe do seu lixo, aínda está lonxe da media europea (un 30%) e a política ambiental das nosas autoridades sempre foi a remolque das medidas que desde Europa se establecían. A campaña constará de diversas accións (recolla de asinaturas, actos na rúa, celebración dun día europeo da reducción dos residuos, …) e incluso a plataforma estatal ten xa prevista unha entrevista coa Ministra de Medio Ambiente española. Estas accións van orientadas a alcanzar os obxectivos de reivindicar “Unha normativa europea e galega que priorice a prevención de residuos, a defensa do medio ambiente e a saúde das persoas” e unha Lei Galega de prevención de residuos.
 
Finalmente, queremos animar a todo tipo de entidades e asociacións de Galiza a converxer nos obxectivos, mensaxes e accións na campaña, tanto no ámbito máis amplo (Galiza, Países Cataláns, Estado español e Europa), coma no ámbito galego “Deamos o Primeiro paso. Entidades galegas para a redución de residuos”, facendo propia e adaptando a campaña catalana homóloga de PCRR-EdC que xa comezou.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/03/30/p125/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here