30/03/ 2006

Primeiros actos de S.O.S. Touriñan

ADEGA, a FEG, a BURLA NEGRA e outras asociacións e colectivos inician a campaña SOS TOURIÑÁN, destinada a preservar os valores ecolóxicos deste espazo senlleiro, ameazado pola construcción da piscifatoría máis grande do mundo nunha área que ademáis fai parte da Rede Natura 2000. Tal como ocorrera tralo Prestige, a cidadanía galega volve organizarse para denunciar que unha marea de cemento, parques eólicos, canteiras e campos de golf ameaza con destruir o millor do noso patrimonio natural e cultural.


Baixo o lema UN PASO POR DIANTE, PAGAI!, os colectivos sociais promotores, pretenden declarar anualmente un ou varios espazos de alto valor natural/cultural como parte do PAtrimonio GAlego Irrenunciábel, perante a pasividade da administración. Neste senso, queremos amosar que a cidadanía galega responsábel vai sempre un paso por diante dos poderes públicos na defensa do seu patrimonio identitario, contrapoñendo o compromiso e a acción fronte á indiferenza e o desleixo.

Outros actos desta campaña son:
– Venres 31 de Marzo: mesa redonda sobre a xestión dos espazos litorais. Terá lugar na Galería Sargadelos de Compostela, ás 6 da tarde, e nela intervirán representantes de diversos colectivos que como ADEGA, a FEG, Burla Negra, o Foro Social de Cangas, Mardelira, Salvemos Monteferro, Confrarías, así como expertos en xestión ambiental, expoñerán a problemática dos nosos espazos litorais e as alternativas para o seu aproveitamento sustentábel. Presentarase tamén o microfilme “SOS TOURIÑÁN”.

– Venres 21 de abril: acto no Teatro Principal no que se designarán os PAGAIs deste ano.

– Domingo 23 de abril: roteiro reivindicativo pola Costa da Morte até Touriñán, organizado por ADEGA-Costa da Morte.

Descarga eiquí o folleto do roteiro.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/03/30/primeiros-actos-de-sos-tourinan/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here