29/04/ 2006

Solicítase que non se tale unha árbore centenaria

O Grupo Ecoloxista Adenco fíxose eco nestes días da preocupación veciñal pola posible tala dun carballo centenario no barrio da Porteliña, en Santiago de Oliveira, Ponteareas.

(more…)

O Lérez e o seu saneamento.

Diante da próxima inauguración da nova rede de colectores que canalizarán as augas fecais cara á depuradora de Lourizán, a “Asociación pola defensa da Ría” expresa o seu recoñecemento e satisfacción polos cambios que, na calidade das augas do río e na Ría de Pontevedra, van supoñer as obras que agora rematan. A APDR tense mobilizado desde o seu nacemento en contra dos danos que para o entorno fluvial supuñan os vertidos industriais e as augas residuais urbanas que, sen a necesaria depuración, chegaban ás augas e que tiñan provocado non só a case total desaparición dos organismos que no seu día as poboaron, senón tamén desagradables cheiros e cores que impedían o disfrute do río por parte dos pontevedreses. A demanda de eliminación desta contaminación por parte da asociación plasmouse, ao longo de anos, en manifestacións, denuncias públicas, denuncias administrativas e xudiciais e unha queixa diante da Unión Europea que se traduciu na apertura dun expediente sancionador aínda hoxe aberto.

(more…)

24/04/ 2006

Por unha planificación eólica sustentábel

O Plano Sectorial Eólico aprobado pola anterior Xunta e aínda en vigor, ten sido obxecto de importantes críticas por parte das organizacións ambientalistas galegas e, en particular, por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Estas críticas non son o resultado da falta de visión global dos problemas ambientais nin dunha actitude fundamentalista. Somos conscientes de que a única enerxía realmente verde é a que non é preciso producir porque nunca se consumirá, e que todos os xeitos de producción enerxética –tamén as de baixo impacto ambiental, como os parques eólicos – ocasionan danos ambientais que hai que tentar minimizar.

(more…)

Os novos accesos ameazan as Fragas do Eume

Guerrilleir@s das Fragas-FEG apoia o desenrolo das Enerxías Alternativas (Solar, Eólica, Minihidráulica) pero non a costa dos nosos Espacios Naturais máis emblemáticos.

Nos concellos coruñeses de Monfero e Aranga no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, esta primavera retomáronse as obras do Parque Eólico de Cisterna-Raño–Penafesa paralizadas durante dous anos por supostos danos no patrimonio arqueolóxico. A construción dunha pista de terra de 10 Km. mellorará significativamente a accesibilidade á zona, normalmente estas actuacións non se avalían correctamente nos E.I.A´s e agudizan o impacto dos Parque Eólicos.

Por exemplo: Coa construción do Parque Eólico de Sotavento no ano 1999 entre os Concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (Coruña) tamén no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, os novos accesos favoreceron a transformación de preto 100 Ha. de superficies de matogueiras en:

- Repoboacións de piñeiros e eucaliptos.

- Pastizais. Por outra banda apareceron novas ameazas como:

- visitas organizadas dende autobuses

- acceso incontrolado de quads

- aumento do furtivismo.

23/04/ 2006

A FEG e o Estatuto

O 20 de abril, a FEG participou na Comisión de Reforma do Estatuto de Galiza, e do que vós achegamos o relatorio que expuxemos nun tempo de medio hora. Tivemos o ilustre privilexio de inagurar a ronda de exposicións desta comisión, pola que pasaran sobre uns 115 relatores , contando coa atención de tódolos medios ó ser o inicio da comisión. Dende logo brindousenos unha oportunidade única para ser escoitados e enviar unha mensaxe sobre a responsabilidade dos galegos tamén en materia ambiental.

FEG

Relatorio: (more…)

21/04/ 2006

Salvemos Massó

Luita Verde rexeita o proxecto do porto deportivo de Massó, en Cangas do Morrazo, polo seu elevado impacto ambiental na zona marítima onde se plantexa ubicar, debido a súa envergadura e o dano irreversible as excelentes condicións xeomorfolóxicas, ecolóxicas e mariñas da zona, das poucas que evitaron ata o de agora a sobreexplotación e a destrucción humana no interior da ría de Vigo.

(more…)

14/04/ 2006

A “APDR” analiza a saída de “Caixa Galicia” da presidencia de “ENCE”.

Diante da nova situación producida no accionariado de ENCE, que ten provocado a perda da maioría por parte de Caixa Galicia e situado ao empresario Juan Luís Arregui como maior accionista e presidente da empresa en sustitución de José Luís Méndez, a “Asociación Pola Defensa da Ría” quere facer pública a súa posición ao respeito:

(more…)

12/04/ 2006

Axudas a Organizacións Ecoloxistas

Filed under: Convocatoria, Prensa

Orde do 27 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro polo desenvolvemento de actividades relacionadas co ambiente, así como a súa convocatoria para 2006.

De acordo co anterior, nesta orde establécense as bases dun programa de fomento das entidades sen ánimo de lucro para o financiamento das súas actividades que estean relacionadas co ambiente, así como para a realización dos investimentos necesarios na materia.

Serán subvencionables os gastos ordinarios de funcionamento, como alugamentos, mantemento e reparación de instalacións, maquinaria e utensilios, persoal e outros semellantes, realizados neste ano e ata o 30 de novembro, cando o obxecto e finalidade da entidade estea relacionado con cuestións ambientais.

- Así mesmo, tamén se poderá subvencionar a realización específica de xornadas, cursos, conferencias, congresos, edición de publicacións e outras accións semellantes que versen sobre cuestións ambientais.

Pódese consultar dita orden premendo eiquí

ADENCO organiza proxectando en Verde, un ciclo de documentais ecolóxicos

Filed under: Convocatoria

O ciclo acada a segunda edición e volve a celebrarse no Centro Cultural Xinzo (Ponteareas). A Asociación para a defensa da Natureza do Condado, ADENCO, organizou para os próximos 21, 22 e 23 de abril a segunda edición do ciclo de documentais ecolóxicos Proxectando en Verde.

(more…)

11/04/ 2006

As sobreiras de Goián

Nas viaxes do carballo con botas polas terras do Miño, descubrín en Toén a carta dunha xacía de Goián, dicíame, que os contos andaban ceibos polos bosques de Tomiño e preguntábame se eu, esperto cazador de contos, podería atrapalos. Sen pensalo construín unha árbore cazadora de contos e partín axiña viaxando ata un feixe de escolas para cazar aqueles contos voadores, entre os que atrapei encantoume esta historia esta historia que lin nos ollos daquela xacía de Goián.

(more…)

ADEGA participa no V Congreso Iberoamericano de E.A. en Joinville (Brasil)

O V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental ten a finalidade de propiciar un espazo de encontro da comunidade de educadores e educadoras ambientais de Iberoamérica. ADEGA presenta neste evento os seus proxectos de Educación Ambiental, Compostaxe Caseira e Proxecto Ríos. Máis premede aquí

10/04/ 2006

Comisión para reformar el Estatuto

Filed under: Convocatoria, Prensa

Representantes de Nunca Máis e ecoloxistas serán os primeiros en comparecer. La Voz de Galicia

08/04/ 2006

Carta ao Presidente Touriño

Filed under: Litoral

Estimado Señor: Por medio da presente dirixímonos a Vde. co fin de reclamar a súa atención sobre os feitos que están afectando gravemente á costa de Galicia, especialmente ás Rías Baixas, e tendo como negativos exemplos o que está a acontecer nos concellos do Morrazo.

(more…)

Transporte colectivo público, Ecoloxico, social e regulado

Filed under: Transporte

Luita Verde denuncia que a Administración Pública, Concellos, Mancomunidades e Xunta de Galicia, son as grandes culpables da lamentable situación do transporte colectivo no Morrazo, na ría de Vigo e por engadido de toda Galicia.

(more…)

02/04/ 2006

Actividade mensual aberta de Abril

“A ruta de Aldariz”

Quedamos o Sábado 8 de Abril, ás 5 da tarde, diante do Pazo Emilia Pardo Bazán (Pazo de Miraflores).

Faremos unha ruta de sendeirismo que, entre outros lugares, pasará por terreos nos que está proxectada a Ronda de Bordóns As actividades mensuais son abertas, e dicir, non fai falta ser socio.

Por iso, se coñeces a algunha persoa allea ó Colectivo que puidera estar interesada, non deixes de invitala a vir.

Blog do CES

Dende xaneiro está a funcionar o noso blog. Conéctate a esta dirección: www.cesalnes.blogspot.com e poderás facer un seguimento da actividade do Colectivo.

Seis meses de paralización do proxecto de o Porto Deportivo

Filed under: Convocatoria, Litoral

O foro social pola defensa do pobo convidanos á pequena celebración con gaitas que se fará o lúns 3 de Abril, as seis da tarde, no Salgueirón, para conmemorar os seis meses de paralización continuada das obras do proxecto de porto deportivo no Salgueirón-Cangas (antiga factoría Massó).

(more…)

Que di a prensa en abril:

Filed under: Prensa

Contaminación

  • La Xunta estrecha el cerco a los hidrocarburos en Corcubión. La Voz 11/4/2006
    1. Espazos Naturais
  • Técnicos del Puerto revisarán el plan de fondeos en las Cíes. Faro de Vigo 11/4/2006
  • Un bosque para la ribera del Sil. Faro de Vigo 10/4/2006
    1. Flora e Fauna
  • Medio Ambiente inicia un expediente sancionador contra la protectora. La Opinión 11/4/2006
  • La Xunta cataloga 65 especies de plantas invasoras en Galicia. Faro de Vigo 10/4/2006
  • La amenaza de los animales exóticos. Faro de Vigo 10/4/2006
    1. Infraestructuras e Urbanismo
  • La Xunta abrió 659 expedientes por infracción urbanística en el litoral de la ría en siete años. Isabel Domínguez Quintás, Delegada Provincial de la Consellería de Política Territorial: "La costa ha estado mucho tiempo desatendida". Seis inspectores patrullarán la franja costera de la provincia. Faro de Vigo 11/4/2006
  • Arxentina insiste en levar ante a Haia a Uruguai. Galicia Hoxe 11/4/2006
    1. Minas e Canteiras
  • Adega dice que una cantera en Pasarela sería un «desprezo» al Parlamento. La Voz 11/4/2006
    1. Montes
  • Narbona asegura que Galicia es una zona de ‘alto riesgo’ por la cercanía de los bosques a núcleos de población. La Región 11/4/2006
  • Más de 300.000 m3 de madera quemada aún sin retirar dificultan la repoblación forestal. Juan higueras, Jefe del Servicio de Montes de Industria Forestal: "Apostamos por biodiversidad y calidad". Faro de Vigo 11/4/2006
  • El Gobierno triplica los recursos para prevenir y recuperar zonas quemadas. El Correo Gallego 11/4/2006
    1. Pesca
  • Noruega multa con 1,5 millones a un arrastrero de Vigo por pesca ilegal. La Opnión 11/4/2006
    1. Residuos
  • Sogama e Nostián colaborarán para darlle pulo á compostaxe. Galicia Hoxe 11/4/2006
  • Siete personas retiraron cerca de una tonelada de basura de la playa de Esmelle. La Voz 10/4/2006
  • 01/04/ 2006

    Reserva da Biosfera das Rías Baixas simple promesa electoral

    Luita Verde denuncia que o proxecto de construcción do porto deportivo de Massó e o resto de construccións nautico-deportivas, recheos e pontes especuladas ou proxectadas para o futuro a curto e medio plazo na ría de Vigo e no conxunto do litoral, son as principais causas que fan inviable a Declaración de Reserva da Biosfera no máis inmediato futuro para as Rías Baixas.

    (more…)






















    Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here