Reserva da Biosfera das Rías Baixas simple promesa electoral
A maioría destes proxectos xunto coa falla de planificación e ordenación do territorio son incompatibles coa Declaración das Rías Baixas como Reserva da Biosfera e afectarán á hipotética Zona exterior de Transición, as zonas que según a Declaración corresponderían ás de maior grao de intervención humana onde se fomenten e practiquen formas de explotación sostible dos recursos, e que coincidirían neste caso coa maioría do litoral e dos bancos de pesca e marisqueo do interior das Rías.
Por outra parte, de non levarse a cabo esa correcta ordenación do territorio e un plan de usos do litoral nas Rías Baixas, coa conseguinte afección e/ou desaparición dos máis relevantes espacios naturais e bancos de pesca e marisco das Rías, como por exemplo pode suceder na zona mariña fronte á explanada de Massó, en Cangas, por efecto da construcción do porto deportivo proxectado, tamén correrase o perigo no futuro dunha maior presión medioambiental, pesqueira e marisqueira de cara ós espazos naturais máis conservados, os espazos Rede Natura e principalmente o Parque Nacional das Illas Atlánticas, espazos que de ser declaradas as Rías Baixas Reserva da Biosfera coincidirían coas denominadas Zonas tampón e a Zona núcleo respectivamente.
Luita Verde acusa ó actual Goberno autonómico da Xunta de Galicia e principalmente ó PSdeG-PSOE, de incumprir hai un mes as súas promesas electorais do ano anterior ó impulsar oficialmente só a candidatura das Illas Atlánticas como Reserva da Biosfera á UNESCO, e de criar unha cortina de fume coas declaracións oficiosas de hai uns días do Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente, en Vigo, onde declararou que impulsará a candidatura das Rías Baixas antes de rematar a actual lexislatura.
Luita verde denuncia que detrás destes vaivéns e contradiccións políticas están a resistencia e a presión fáctica dalgúns axentes económicos, principalmente do sector urbanístico, industrial e de actividades náutico-deportivas

RESERVA DA BIOSFERA DAS RÍAS BAIXAS SIMPLE PROMESA ELECTORAL
Portos e construccións nautico-deportivas, recheos e pontes fan inviable a Declaración de Reserva da Biosfera, na ría de Vigo e no conxunto do litoral.
Trackback by chuza.org — 01/04/ 2006 @ 13:45