02/04/ 2006

Seis meses de paralización do proxecto de o Porto Deportivo

Filed under: Convocatoria, Litoral

O foro social pola defensa do pobo convidanos á pequena celebración con gaitas que se fará o lúns 3 de Abril, as seis da tarde, no Salgueirón, para conmemorar os seis meses de paralización continuada das obras do proxecto de porto deportivo no Salgueirón-Cangas (antiga factoría Massó).

O que ten por un lado de tristura de que en seis meses as administracións e organismos ainda non foran quén de resolver esta situación de trámites irregulares, intereses especulativos e falla de dialogo, ten por outro a satisfacción de mirar que con vontade popular, traballo e apoio de moi diferentes colectivos e persoas particulares é posible pararlle os pes ós poderes económicos que están habituados a manipular a legalidade na percura do seu propio beneficio, sempre con propostas de desenvolvemento destructor completamente pasadas de data.

A nosa reivindicación é que sexan os cangueses os que decidan sobre esta importante zona e pensamos que con respeito a natureza, os recursos e os sectores económicos que teñen realmente peso na economía de Cangas se debe lograr un desenvolvemento efectivo muito mais acorde cos tempos actuais e que fortalezan a cohesión social e non creen un Cangas para ricos e outro para servidores dos ricos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/04/02/seis-meses-de-paralizacion-do-proxecto-de-porto-deportivo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here