08/04/ 2006

Transporte colectivo público, Ecoloxico, social e regulado

Filed under: Transporte

Luita Verde denuncia que a Administración Pública, Concellos, Mancomunidades e Xunta de Galicia, son as grandes culpables da lamentable situación do transporte colectivo no Morrazo, na ría de Vigo e por engadido de toda Galicia.

Mala ou nula regulación (as empresas concesionarias no Morrazo, tanto Mar de Ons como principalmente Monbus, incumpren moitas das calidades do servizo e en vez de potenciar o uso do transporte colectivo producen o efecto contrario no usuari@), falla de incentivos económicos e deficiente estado das infraestruturas teñen a culpa, pero sobre todo a falla real dun Plan autonómico de mellora e divulgativo e educacional de fomento do uso do transporte colectivo. Por outra parte sigue estando tamén o apoio económico e institucional da Xunta e do Estado para a construción de máis e meirandes estradas (vías rápidas, autovías e autoestradas), modelo este impactante que prima a utilización do transporte privado en detrimento e precariedade do transporte colectivo, e o exemplo máis próximo o temos na recen construída da vía rápida do Morrazo, que ameaza con facer diminuír no futuro a xa de por sí precaria utilización do transporte colectivo da actualidade.

Con respecto á recente sentencia da UE obrigando á Xunta de Galicia a liberar a concesión empresarial do transporte marítimo na ría de Vigo, só obedece ó modelo neoliberal de xestión que promulga este Ente, corroborado no último borrador da Constitución Europea, onde entre outras cousas avogaba por un crecemento do libre mercado en consonancia coa sostibilidade e o respecto polo medio ambiente, feito que dende Luita Verde rexeitamos por canto aí realmente o que se reflexa é unha incompatibilidade dun modelo co outro.

Luita Verde ve esta futura apertura do mercado no transporte marítimo como un perigo, tanto para a economía e a atención de cara @ usuari@ , pois as empresas priorizan o beneficio económico ao servizo social (como sucede coa súa priorización do servizo ás Illas Atlánticas a conta das altas tarifas e elevada afluencia de visitantes do turismo no verán) como tamén para o medio ambiente e a propia seguridade marítima ante a posibilidade de masificar o tránsito de barcos de varias compañías á mesma vez pola ría. Luita Verde avoga e defende un servizo público de transporte colectivo, tanto por terra como por mar, regulado e subvencionado, coa maior diversidade de líneas e de franxas horarias, básicamente dirixido aos núcleos residenciais urbanos e rurais nos concellos do entorno da ría e sin esperar pola regulación da Área Metropolitana, xa que a fin e a contas e debido á elevada demografía e o previsible aumento de poboación no futuro, somos os auténticamente necesitados.

Polo contrario solicita o recorte e o control das liñas ó Parque Nacional das Illas Atlánticas, como medida de precaución e protección medioambiental.

Luita Verde resalta que o transporte colectivo é necesario non só como unha alternativa ós atascos no futuro senón porque sobre todo pode ser a alternativa á construción de máis impactantes estradas (a construción da vía rápida do Morrazo por exemplo, supuxo un impacto ambiental enorme, vai subir espectacularmente o parque automobilístico na comarca é no máis inmediato futuro, principalmente no verán, vai provocar máis atascos, accidentes, contaminación, etc.) e á sobreutilización do transporte privado, basicamente do automóbil, que actualmente supón a segunda causa da contaminación atmosférica detrás da industrial en Galicia, con máis do 16% de emisións de dioxinas á atmosfera

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/04/08/transporte-colectivo-publico-ecoloxico-social-e-regulado/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here