ADENCO organiza proxectando en Verde, un ciclo de documentais ecolóxicos
Con "Proxectando en Verde" preténdese traer ao Condado documentais que non teñen normalmente cabida noutros espazos, xa sexa pola súa pouca difusión ou polas súas propias particularidades.
O programa do Ciclo é o seguinte:
Venres 21 ás 20:30h: O pesadelo de Darwin
Sábado 22 ás 20:30h: Felix Rodríguez de la Fuente: Vida e obra
Domingo 23 ás 20:30h: 1990-1995: Cinco anos defendendo a natureza no COndado. O Vídeo do nacemento de ADENCO
O pesadelo de Darwin, un documental aconsellable para maiores de 13 anos, contén esceas duras pero reais sobre a introducción de especies alóctonas noutros Países e todo o que xira arredor do mesmo. Neste caso fame, guerra e tráfico de armas no corazón de África negra.
Féliz Rodríguez de la Fuente volverá a ser o protagonista do ciclo cun documental sobre a súa vida e obra, realizada pola súa filla e que viu a luz recentemente. Peza clave para entender a concienciación ambiental do noso tempo.
E 1990-1995 cerrará o ciclo. Unha proxección que traerá a mente os comenzos, duros, dun grupo Ecoloxista nunha vila como Ponteares na que os problemas medioambientais pasaban desapercibidos. Por desgracia, moitos dos desastres que daquela denunciabamos seguen aínda sen resolver.
(Información obtida de www.arredemo.info)
