24/04/ 2006

Por unha planificación eólica sustentábel

O Plano Sectorial Eólico aprobado pola anterior Xunta e aínda en vigor, ten sido obxecto de importantes críticas por parte das organizacións ambientalistas galegas e, en particular, por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Estas críticas non son o resultado da falta de visión global dos problemas ambientais nin dunha actitude fundamentalista. Somos conscientes de que a única enerxía realmente verde é a que non é preciso producir porque nunca se consumirá, e que todos os xeitos de producción enerxética –tamén as de baixo impacto ambiental, como os parques eólicos – ocasionan danos ambientais que hai que tentar minimizar.

(more…)

Os novos accesos ameazan as Fragas do Eume

Guerrilleir@s das Fragas-FEG apoia o desenrolo das Enerxías Alternativas (Solar, Eólica, Minihidráulica) pero non a costa dos nosos Espacios Naturais máis emblemáticos.

Nos concellos coruñeses de Monfero e Aranga no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, esta primavera retomáronse as obras do Parque Eólico de Cisterna-Raño–Penafesa paralizadas durante dous anos por supostos danos no patrimonio arqueolóxico. A construción dunha pista de terra de 10 Km. mellorará significativamente a accesibilidade á zona, normalmente estas actuacións non se avalían correctamente nos E.I.A´s e agudizan o impacto dos Parque Eólicos.

Por exemplo: Coa construción do Parque Eólico de Sotavento no ano 1999 entre os Concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (Coruña) tamén no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, os novos accesos favoreceron a transformación de preto 100 Ha. de superficies de matogueiras en:

- Repoboacións de piñeiros e eucaliptos.

- Pastizais. Por outra banda apareceron novas ameazas como:

- visitas organizadas dende autobuses

- acceso incontrolado de quads

- aumento do furtivismo.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here