29/04/ 2006

Solicítase que non se tale unha árbore centenaria

O Grupo Ecoloxista Adenco fíxose eco nestes días da preocupación veciñal pola posible tala dun carballo centenario no barrio da Porteliña, en Santiago de Oliveira, Ponteareas.

O carballo en cuestión (Quercus robur) é un exemplar centenario, o único dunha carballeira que había no lugar e que se cortaron días atrás. No lugar preténdense construír varios chalés, continuando coa política de parcelacións que está a inundar o rural ponteareán de vivendas unifamiliares en parcelas minúsculas.

Xa non queda ningún lugar libre da ansia dos promotores. Mentres o PXOM non se aprobe vale todo. As árbores que nos viron medrar xa non importan. O que vale son os cartos fáciles, agora, antes de que o Plan Xeral queira pór orde”, indicou Anxo F. Saborido.

Os veciños do lugar recolleron sinaturas para que non se corte a árbore, que está no linde cun camiño público, polo que quedaría fóra dos terreos do propietario cando se realice o retranqueo legal esixido se se chega a construír.

Adenco solicitou a intervención do Concello e do Distrito Forestal do Condado para que analicen se se contaba cos permisos precisos antes de talar os carballos do lugar e que mentres tanto se impida a corta do carballo que sobrevive.

Os ecoloxistas mesmo plantexaron a posibilidade de transplantalo, sabedores da dificultade e custo económico da operación.

Nova extraida de www.arredemo.info

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/04/29/solicitase-que-non-se-tale-unha-arbore-centenaria/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here